O Clúster de Turismo de Galicia prepara xa a súa nova misión comercial á feira internacional de turismo ITB Berlín

ACTIVIDADES
ITB Berlin logo

O Clúster de Turismo de Galicia prepara xa a súa nova misión comercial á feira internacional de turismo ITB Berlín

O mercado alemán segue sendo un dos máis importantes para a oferta turística galega

Con Malaisia como pais convidado, Berlin prepárase xa para a próxima edición da ITB Berlin, unha das feiras turísticas profesionais máis importantes a nivel mundial, xunto coa World Travel Market de Londres. Unha edición máis na que tamén estará presente a oferta turística galega, da man de Turismo de Galicia e Turespaña.

Como en ocasións anteriores o número máximo de participantes na feira é de 25 persoas que contarán cun servizo de xestión de axenda á súa disposición para que lle axude a fixar reunións con turoperadores que se axusten ás características da súa oferta. O obxectivo non é outro que incrementar as opcións de manter encontros cos turoperadores que se dan cita na feira, aumentando a comercialización de produtos e servizos no mercado alemán.

O prazo máximo para realizar a inscrición será o día 11 de febreiro. Para iso será necesario remitir un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese e incluíndo os datos persoais (nome, apelidos e DNI) así como os datos de facturación da entidade asociada ao CTG (razón social, domicilio social e NIF), para efectuar a prereserva.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn