E para comer Lugo leva por sexto ano consecutivo a promoción gastronómica da provincia de Lugo á Volta Ciclista a España

vuelta ciclista 2017

E para comer Lugo leva por sexto ano consecutivo a promoción gastronómica da provincia de Lugo á Volta Ciclista a España

Por sexto ano consecutivo a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APHEL) volve levar o seu posto de promoción da gastronomía da provincia á Volta Ciclista a España, que comezou a semana pasada en Francia.

Co patrocinio da Xunta de Galicia, a APHEL desenvolverá unha campaña de difusión dos encantos gastronómicos, paisaxísticos, culturais, arquitectónicos, festivos etc. de todos e cada un dos 67 municipios que conforman a provincia lucense durante todas as etapas da competición. Así, ata o próximo 10 de setembro, o posto de “E para comer, Lugo” estará instalado na zona VIP de todas as saídas de etapa e nel ofreceranse, como vén sendo habitual, degustacións de produtos autóctonos facilitados de maneira altruísta polos consellos reguladores do D.O Ribeira Sacra, IXP Tenreira Galega, DOP Queixo Arzúa-Ulloa, DOP Queixo do Cebreiro, IXP Pataca de Galicia, IXP Castaña de Galicia, IXP Grelos de Galicia, IXP Pemento de Mougán, IXP Mel de Galicia, IXP Fabas de Lourenzá e Agricultura Ecolóxica de Galicia, así como por Avimós, Asovega, Armadores de Burela, Galletas Daveiga e Afapán. Ademais, distribuiranse exemplares do novo volume da guía “E para comer, Lugo”.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn