Dúas novas entidades únense ao Clúster Turismo de Galicia

ACTIVIDADES
Asamblea General Cluster Junio 2016

Dúas novas entidades únense ao Clúster Turismo de Galicia

Continuando o ronsel de traballo colaborativo e de apertura para seguir unindo entidades ao Clúster Turismo de Galicia, a Asemblea Anual do CTG, celebrada na Cidade da Cultura de Compostela aprobou, entre outros asuntos, a adhesión de dúas novas entidades ao colectivo: a Asociación Galega de Albergues Privados (AGALBER) e a Asociación Profesional do Sector Turístico dá Costa da Morte (APTCM Costa da Morte) que pasan a integrarse con dereito no Clúster Turismo de Galicia, que queda así integrado por un total de 54 entidades.

Durante a Asemblea Xeral, aberta a todos os asociados, tamén se fixo balance de actuacións en 2015, principalmente vinculada ao desenvolvemento dos convenios asinados con Turismo de Galicia, que permitiron o desenvolvemento do propio Clúster, a execución do PITGA, as actividades vinculadas á promoción da oferta turística galega (presenza en feiras profesionais nacionais e internacionais) así como a continuación pola aposta pola Q de Calidade. Ademais, o encontro anual que celebra esta entidade serviu tamén para dar conta do plan de actividades de 2016, orientado a seguir traballando para ofrecer servizos de valor engadido ás empresas asociadas ao Clúster Turismo de Galicia, ademais de continuar coa colaboración establecida coa Admministración pública en materia de desenvolvemento e promoción de Galicia como destino turístico único e multiexperiencial.

Proxectos en 2016

Neste sentido, para o 2016 está previsto que continúe o desenvolvemento do PITGA e o convenio para o desenvolvemento da Q de Calidade, ao que se une tamén a aposta pola marca Galicia Calidade como “o gran selo do noso sector no traballamos xa este ano para poder incorporar novos sectores, como o rural, as mariñas ou os palacios de congresos, para que tamén poidan optar a esta certificación”, explicou o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González, que fixo fincapé na importancia de que Turismo de Galicia haxa encomedado ao CTG a elaboración do PETGA, o Plan Estratéxico do Turismo de Galicia, un verdadeiro reto de futuro no que xa se está traballando para implicar a todo o conxunto do turismo en Galicia.

Ademais, no encontro anual tamén se deu conta dos proxectos que o Clúster de Turismo vai á levar a cabo durante este ano en colaboración cos seus asociados como consecuencia do concurso de ideas. En total executaranse 8 proxectos, que inclúen desde a creación e a posta en marcha de novas vías de comercialización de novos produtos até a creación dunhas marcas turística que agrupe toda a oferta enoturística, a posta en marcha de oferta complementaria para o turismo rural ou a promoción de viaxes de familiarización, entre outras propostas.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn