Directivos do sector turístico participan na segunda edición do Programa Superior de Dirección e Xestión Empresarial impulsada polo CTG

ACTIVIDADES
Programa Superior

Directivos do sector turístico participan na segunda edición do Programa Superior de Dirección e Xestión Empresarial impulsada polo CTG

O plan de formación no que se encadra este programa continúa esta semana con seminarios e talleres en Monforte, Sanxenxo e Lugo

Un total de 23 directivos de diferentes empresas do sector turístico de Galicia comezaron esta semana un programa superior de Dirección e Xestión de Empresas Turísticas que se desenvolverá ao longo de 120 horas ata o próximo 16 de novembro. O programa, que se desenvolve na Cidade da Cultura en Santiago, comezou cunha Masterclass impartida por Jimmy Pons, responsable de Innovación no Grupo BlueBay e experto en innovación turística, sobre a necesidade da innovación en turismo para ser competitivos. O resto das clases estarán a cargo de destacados profesionais con ampla experiencia en consultoría e xestión de empresas turísticas como José Miguel Alarcón, Xosé Luís Reza, Patricia Cuevas ou Diego Fernández Pérez de Poga.

Formación continuada
Ademais do programa superior, continúan os talleres de formación dentro do Plan de Formación con actividades formativas que esta semana se desenvolven en Monforte d eLemos, Sanxenxo ou Lugo. As persoas interesadas en asistir poden consultar o contido deste programa e do resto das actividades incluídas no calendario formativo e inscribirse nelas a través da web www.iffe.es/turismo

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn