Deputación da Coruña e sete concellos crean o Xeoparque de Ortegal

Foto: Fran Canosa

Deputación da Coruña e sete concellos crean o Xeoparque de Ortegal

A Deputación da Coruña aposta por impulsar o Xeoparque de Ortegal mediante a consignhación dunha partida económica de 500 mil euros nos seus prespuestos de 2018, ademais de asinar un convenio de colaboración intermunicipal cos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño. Despois de ser aprobado pola Comisión de Cooperación, Plans Provinciais Xenerais, Asistencia a Municipios, Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico, este convenio e a aprobación por parte da Deputación para a creación do Xeoparque de Ortegal, supón establecer as bases para a creación de de o Xeoparque de Ortegal, que se xestionará de forma conxunta, contribuíndo a optimizar a xestión dos medios persoais, materiais e técnicos necesarios para implementar o proxecto que implicará o compromiso por parte do sete concellos implicados para auner esforzos e traballar conxuntamente para a conservación e posta en valor do patrimonio deste geoparque que implica, ademais, o compromiso co desenvolvemento local vinculado a unha aposta pola promoción xeoturística e de produtos locais, que permitirá que os municipios formen parte da rede europea e global de xeoparques.
O convenio terá unha duración de catro anos, prorrogables a catro adicionais, contemplándose nel os deberes e as actuacións que deberán acometer cada unha do sete corporacións locais integradas no proxecto. Así, entre os seus apartados recóllese a creación dun Consello de Dirección, composto por representantes dos concellos e da institución provincial, e cuxa presidencia rotará anualmente entre os municipios participantes.
Do mesmo xeito, cada unha dos concellos deberá confeccionar unha Memoria e un Programa actuacións, que deberá achegar xunto cos estudos económicos, financeiros e técnico-administrativo para a elaboración dun Plan Director que describa as funcións e actividades que se desenvolverán no proxecto.
A consolidación do Xeoparque Ortegal contribuirá a facer do territorio da comarca unha zona de desenvolvemento sustentable, cunha estratexia baseada nos seus recursos culturais e naturais, unha conxuntura que incidirá de maneira positiva na promoción e crecemento dos municipios que abarca.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn