Do turismo accesible ao sensitivo, tema central do IV Foro Proturga

ACTIVIDADES
foro proturga

Do turismo accesible ao sensitivo, tema central do IV Foro Proturga

O Auditorio da Cidade Infantil de Pontevedra acollerá os próximos 1 e 2 de decembro a cuarta edición do Foro Proturga, organizado pola Asociación de Profesionais do Turismo. Un ano máis, o foro vira en torno ao turismo accesible, pero nesta ocasión faio desde unha óptima diferente, desde o turismo sensitivo. E faio cun dobre obxectivo: transmitir a perspectiva humana do turismo accesible, da man de profesionais e operadores turísticos con experiencia no trato con persoas con diversidade funcional pero tamén para pór en valor o traballo desenvolvido polo CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, que nos últimos anos caracterizouse polo seu compromiso co turismo accesible e a capacidade creativa para deseñar experiencias turísticas baseadas nos sentidos.

O foro inclúe relatorios a cargo de profesionais do sector como Enrique Santos, José Anxo Abraldes, Paulo Fontán, Fátima Rodríguez, Manuel Lema, Julia Saavedra, Soidade González, Jacinto Pérez e Nuria Luque, todas elas con carácter gratuíto.

Pero, ademais das conferencias ao redor da realidade profesional do turismo accesible, o foro incluirá actividades como catas sensitivas de café, de queixos ou de pan, ademais dunha experiencia sensitiva completa no restaurante do CIFP Carlos Oroza ou rutas sensitivas por Pontevedra, todas elas actividades que estarán a cargo dos alumnos deste centro de formación. Estas actividades si teñen un pequeno custo – catas e paseos 2€, restaurante 12€ – polo que é recomendable facer a inscrición previa.

Podes consultar toda a información e realizar as inscricións na web de Proturga.

Descarga o programa

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn