Conta atrás para a Feira do Viño do Ribeiro

feira do viño 2019 con logos cartel din A3.cdr

Conta atrás para a Feira do Viño do Ribeiro

O encontro, que se celebra os días 3, 4 e 5 de maio ábrese a distribuidores e ao enoturismo

Unha das celebracións máis antigas de Galicia, a Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 56ª edición, conta as horas para o arranque da súa nova edición, que terá lugar os próximos días 3, 4 e 5 de maio de 2019, no recinto da Alameda, en Ribadavia. Esta edición coa participación de 38 expositores, dous máis que o ano pasado, e tamén con algunhas novidades, entre as que destaca o RibeiroBUS.

O programa inclúe, ademais, talleres de cociña coa participación de destacados chefs como Lucía Freitas ou Alén Tarrío, profesionais da sumillería como Guillermo Cruz, distinguido como Mellor Catador de España en 2014, así como actuacións musicais e visitas guiadas pola contorna.

Viño e turismo volveranse a dar a man nesta celebración que ten aos viños do Ribeiro como protagonistas. Uns viños fortemente vinculados co territorio e cunha presenza cada vez maior no mercado, o que lles fixo merecedores de converterse nun referente fundamental do destino nunha cita moi consolidada que serve para “mellorar e dignificar o viño do Ribeiro”, tal e como expressaba o alcalde de Ribadavia, José Ignacio Gómez.

CRDO Ribeiro, Juan Casares, mencionaba que “sempre hai innovacións no programa de actividades da FVR, como o RibeiroBUS turístico, principal novidade nesta edición”. Tamén destacou que a Feira do Viño do Ribeiro debe ser unha festa de reivindicación do Ribeiro, para conseguir atraer a xente á zona para que a coñezan e consuman o viño alí, no propio territorio, porque non vai saber igual que se o beben noutro lugar.

Pódese consultar todo o programa e as actividades na web do evento www.feiravinoribeiro.com

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn