Catro rutas turísticas en moto polas Rías Baixas

rutas_en_moto_cabecera

Catro rutas turísticas en moto polas Rías Baixas

Co obxectivo de proporcionar información útil e descubrir espazos para o goce dos afeccionados ás motos, a Deputación de Pontevedra acaba de presentar unha nova guía “Apaixónate”, que recolle e especifica catro diferentes itinerarios turísticos para descubrir a provincia de Pontevedra en moto ao longo e ancho das súas estradas. A Ruta da Costa longa, que vai da Guarda a Catoira, pasando por localidades como Baiona, Vigo, O Grove e Vilagarcía de Arousa, entre outras; a Ruta da Costa curta, que se inicia en Baiona e culmina en Pontevedra, percorrendo todas as cidades situadas ao longo do Morrazo; a Ruta de Interior e Costa, que empeza na Cañiza, pasando por Arbo e Tui para terminar na Guarda; e, finalmente, a Ruta Interior, que parte de Silleda con parada final en Combarro compoñen esta guía que foi presentada polo polo deputado provincial Santos Héctor, conxuntamente coa xornalista, moteira e bloguera de viaxes Alicia Sornosa, quen está a realizar un vídeo do catro rutas presentadas.
A publicación, que se centra así nun nicho pouco explotado como é o turismo de moto, proporciona así información útil a partir da sinalización dun mapa de cada ruta, destacando os puntos de interese culturais, gastronómicos, paisaxísticos e ata deportivos que destacan en cada municipio polos que transcorren o catro itinerarios, como puntualizou o deputado provincial. Os exemplares serán distribuídos en todas as Oficinas de Turismo da provincia ademais da clubs e asociacións moteiras de Galicia.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn