Convocatoria do Concurso de ideas do Clúster Turismo de Galicia para asociados

logo_turismo

Convocatoria do Concurso de ideas do Clúster Turismo de Galicia para asociados

Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia convoca un concurso de ideas co obxectivo de seleccionar os 5 mellores proxectos e polos en marcha desde o CTG por un importe máximo de 130.000 euros en total. Cada proxecto deberá ser presentado por máis dunha entidade asociada ao CTG, sen prexuízo de que o desexable sería que se agrupasen todas aquelas coincidentes pola finalidade do proxecto. As “Entidades Promotoras” deberán estar ao corrente do pago das cotas de asociados do CTG do ano anterior, antes da data límite para presentación de candidaturas e deberán propor polo menos un proxecto candidato que se centre nalgunha das actividades que se atopan na seguinte táboa. En todo caso, poderán propor até un máximo de 3 proxectos candidatos (un da categoría A, outro da categoría B e un terceiro a elixir as categorías C, D e E) e que, en todo caso, deben estar priorizados. Seleccionarase un máximo de 1 proxecto proposto polas Entidades Promotoras atendendo esta orde de priorización.

  • A. Organización de encontro en Galicia con participantes de carácter nacional que faciliten
    a comercialización da oferta e dos produtos turísticos das empresas galegas
    (organización de viaxes de familiarización e realización dun workshop con operadores
    galegos)
  • B. Organización de encontro en Galicia con participantes de carácter internacional que
    faciliten a comercialización da oferta e dos produtos turísticos das empresas
    galegas (organización de viaxes de familiarización e realización dun workshop con operadores
    galegos)
  • C. Creación ou consolidación de produto orientado a algunha das seguintes actividades:
    Camiño de Santiago, Bosques de Galicia, Mananciais de Galicia, Paseando entre
    viñedos, Turismo mariñeiro, Faros e praias salvaxes, Santuarios máxicos, Patrimonio
    oculto, Camelias de Galicia e top 10.
  • D. Creación ou consolidación de produto orientado a: turismo cultural, turismo de praia e
    costa, turismo náutico, turismo interior e rural, turismo MICE, turismo urbano, turismo
    de saúde e termal, turismo activo e turismo de golf.
  • E. Creación ou consolidación de produto turístico emerxente ou orientado/enfocados a públicos
    obxectivo prioritarios (senior, milenials, turismo familiar…)

O xoves, 6 de febreiro está prevista a organización dunha xornada explicativa das bases da convocatoria do Concurso de Ideas orientada a todos os asociados, que se celebrará na aula 2 da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura.Se desexa asistir remita os seus datos de contacto a st@ctg.gal antes das 14h do mércores, 5.

Os proxectos deberán presentarse vía correo electrónico a st@ctg.gal antes do próximo 28 de febreiro

 

Descarga as bases en pdf

Descarga o formulario para cumprimentar

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn