Convocatoria do Concurso de ideas do Clúster Turismo de Galicia para asociados

ACTIVIDADES
logo_turismo

Convocatoria do Concurso de ideas do Clúster Turismo de Galicia para asociados

Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia convoca un concurso de ideas co obxectivo de seleccionar os 7 mellores proxectos e polos en marcha desde o CTG por un importe máximo de 174.000 euros en total. Cada proxecto deberá ser presentado por máis dunha entidade asociada ao CTG, sen prexuízo de que o desexable sería que se agrupasen todas aquelas coincidentes pola finalidade do proxecto. Cada asociado poderá presentarse unicamente a un proxecto que deberá centrarse nalgunha das seguintes actividades propostas:

  • Organización de workshop con operadores de proximidade
  • Organización dun Workshop nunha cidade de proximidade con emisores e operadores de comercialización
  • Organización de viaxes de familiarización con operadores estranxeiros
  • Creación ou consolidación de produto orientado a algunha das seguintes actividades: Camiño de Santiago, Bosques de Galicia, Mananciais de Galicia, Paseando entre viñedos, Turismo mariñeiro, Faros e praias salvaxes, Santuarios máxicos, Patrimonio oculto, Camelias de Galicia e top 10.
  • Creación ou consolidación de produto orientado a: turismo cultural, turismo de praia e costa, turismo náutico, turismo interior e rural, turismo MICE, turismo urbano, turismo de saúde e termal, turismo activo e turismo de golf.
  • Creación ou consolidación de produto turístico emerxente ou orientado/enfocado a públicos prioritarios (senior, millenials, turismo familiar)

O martes 14 de maio está prevista a organización dunha xornada explicativa das bases da convocatoria do Concurso de Ideas orientada a todos os asociados, pendente de fixar o emprazamento e hora de desenvolvemento. En calquera caso todos os proxectos aprobados deberán estar terminados e justificados antes do 1 de novembro de 2019. O prazo para presentar as propostas, que deberán enviarse por correo electrónico o ao enderezo electrónico st@ctg. gal, remata o 31 de maio.

Descarga as bases en pdf

Descarga o formulario para cumprimentar

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn