Compostela acolle a presentación da segunda edición de Incitus

Presentación-Incitus-2016-1000px

Compostela acolle a presentación da segunda edición de Incitus

Pedro Larumbe, Pepe Solla e Luís Veira son os chefs invitados para a presentación da nova edición de Incitus, o proxecto de dinamización da hostalaría galega que chega á súa segunda edición. Promovido pola asociación de carácter privado e sen ánimo de lucro Movemento Incitus, a nova edición arrinca o 19 de maio en Compostela cun acto que terá lugar na Quinta dá Auga no que se darán cita estes chefs de prestixio acompañados do director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas.
Aberto para todo aquel interesado en asistir, se tes unha idea ou un proxecto de hostalaría que queiras facer realidade, preséntao a Incitus 2016, poderás entrar a participar na mentorización da súa idea. O prazo para presentar a candidatura remata o próximo 30 de xuño.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn