Claves para a captación do turista internacional e preparación de feiras internacionais

ACTIVIDADES
Internac-OU-03

Claves para a captación do turista internacional e preparación de feiras internacionais

Profesionais do sector turístico participaron en Ourense e Santiago de Compostela en senllos seminarios sobre a comercialización internacional de produtos turísticos co obxectivo de preparar de maneira eficaz a súa próxima participación na World Travel Market de Londres. Os talleres inscríbense no terceiro Plan de Formación promovido polo Clúster Turismo de Galicia coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e impartidos por IFFE Business School.
Este taller de internacionalización pretende dar a coñecer aos profesionais participantes as principais técnicas de comercialización internacional de produtos turísticos, como seleccionar os mercados obxectivos e as canles a través dos que acceder a eses mercados exteriores, para potenciar e mellorar a competitividade das súas empresas. Ademais, de face a poder preparar e mellorar os resultados da participación en feiras internacionais, neste taller inclúese un módulo específico orientado a esta finalidade, especialmente indicado para aquelas empresas e profesionais que vaian tomar parte da World Travel Market do mes de novembro.
A formación estivo a cargo de José Miguel Alarcón, socio consultor de AbTur Asesores, e Mercedes Carballo, directora de Crearche Servizos Culturais, que foi a encargada de impartir o módulo específico orientado a preparar e mellorar os resultados da participación de feiras internacionais.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn