Até o 31 de xaneiro de 2019 poden realizar a súa solicitude empresas e autónomos que non dispoñan de acceso a internet de polo menos 30 Mbps

A Xunta destinará 600.000 euros a axudas para subvencionar até o 100% dos custos das tarefas para a dotación de banda ancha ultrarrápida, cun máximo de 20.000 euros por beneficiario dentro da segunda convocatoria das liñas de axuda á dotación de banda ancha ultrarrápida encadradas no Plan de Banda Ancha da Xunta, que complementa á actuación lanzada en 2016 para dotar de conexión a internet de até 350Mbps a 81 polígonos industriais, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para estender as redes de banda ancha ultrarrápida na Comunidade.

En virtude desta nova convocatoria até o 31 de xaneiro próximo empresas e autónomos das zonas illadas do rural poderán solicitar axudas para o acceso a banda ancha ultrarrápida. Nesta nova convocatoria os interesados poderán presentar solicitude de forma individual ou en agrupación de empresas, co obxecto neste segundo caso de facilitar a dotación dos servizos ultrarrápidos ás empresas e autónomos situados en localizacións próximas.

Tras unha primeira liña de subvencións a empresas e autónomos con 500.000 euros en axudas en 2017, a Amtega destina a esta segunda convocatoria outros 600.000 euros máis. As axudas subvencionarán até o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda ancha ultrarrápida á empresa, até un máximo de 20.000€ por proxecto. No entanto, os proxectos deberán ter un custo mínimo de 2.000 euros.  Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

Prazos e características da convocatoria

Os principais requisitos e deberes que deberán cumprir os solicitantes serán non dispor actualmente da posibilidade de acceso a redes ultrarrápidas de polo menos 30 megas e manter o alta no servizo contratado inicialmente durante polo menos 1 ano. Para cada solicitude valorarase a mellora que supón o servizo de banda ancha ultrarrápida incluído na proposta, o esforzo investidor previsto e valoraranse tamén as solicitudes recibidas das pequenas empresas.

22 de Novembro de 2018
banda ancha

A Xunta abre unha nova convocatoria de axudas para dotar de banda ancha ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas

Até o 31 de xaneiro de 2019 poden realizar a súa solicitude empresas e autónomos que non dispoñan de acceso a internet de polo menos 30 […]
25 de Outubro de 2018
turismo-galicia-combarro-verano

Os orzamentos que propón a Xunta para 2019 inclúen un incremento de 4,3 millóns na partida destinada a Turismo

A nova Consellería de Cultura e Turismo inclúe na súa proposta de orzamentos para o próximo ano, un incremento na partida de turismo, convertido hoxe en […]
15 de Outubro de 2018
habitación hotel

Máis de medio centenar de aloxamentos galegos mellorarán as súas instalacións a través do investimento público de case un millón de euros

Os beneficiarios da liña de axudas de Cultura e Turismo da Xunta acometerán actuacións para elevar a categoría actual dos establecementos, a modernización das súas instalacións, […]
11 de Outubro de 2018
curso proturga cm

Proturga organiza dous cursos de revenue-management e mercadotecnia-dixital para profesionais do sector turístico

Cun enfoque fundamentalmente práctico e dirixido para todos os profesionais do sector turístico, Proturga celebra entre os días 29 e 31 de outubro senllos cursos presentaciales […]