Un total de 20 profesionais do sector tomaron parte no último dos seminarios de formación que o Clúster Turismo de Galicia ofreceu ao longo dos últimos dous meses no marco do II Plan de Formación. No caso de Lalín, o taller virou ao redor da innovación no deseño de produtos turísticos e desenvolveuse no propio Concello, que brindou o seu colaboracion aos organizadores a través da súa Concellaría de Turismo.
A profesora Clemen Rodríguez Rodríguez, avogada e profesora titular na Escola Universitaria de Turismo de Asturias, encárgase de impartir este taller, no que de forma práctica os profesionais participantes percorren o proceso de deseño do produto turístico, analizan o seu ciclo de vida e reflexionan sobre cuestións como a innovación, a diferenciación ou a diversificación.
IFFE Business School encargouse da organización desta segunda edición do Plan de Formación do Clúster Turismo de Galicia, que arrincou a comezos do pasado mes de outubro e que terminará este venres en Santiago, despois de desenvolver máis de 13 actividades formativas diferentes, todas presenciais e gratuítas, no catro provincias galegas. Profesio­nales do sector turístico, todos eles cun perfil directivo, puideron mellorar a través delas a súa capacitación e aprender estratexias para fomentar a competitividade das súas empresas.

23 de Novembro de 2016
seminario formación lalin

Lalín acolleu o último dos seminarios de formación do CTG sobre innovación no deseño do produto turístico

Un total de 20 profesionais do sector tomaron parte no último dos seminarios de formación que o Clúster Turismo de Galicia ofreceu ao longo dos últimos […]
22 de Novembro de 2016
turismo-corrixido-2

Xornada en Vigo sobre os retos e a innovación no turismo científico

A sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas en Vigo acolle o 30 de novembro a primeira Xornada de Turismo Científico baixo o título “Novos enfoques […]
21 de Novembro de 2016
foro proturga

Do turismo accesible ao sensitivo, tema central do IV Foro Proturga

O Auditorio da Cidade Infantil de Pontevedra acollerá os próximos 1 e 2 de decembro a cuarta edición do Foro Proturga, organizado pola Asociación de Profesionais […]
17 de Novembro de 2016
seminario gallardo

Fernando Gallardo reflexiona sobre o #Hotel2020 no seu seminario en Compostela

Impulsada pola Asociación Hostalaría de Compostela, en colaboración con WayandGo, Blue Café, Correos and Trivago, coa colaboración da Fundación Cidade da Cultura, Compostela acolleu un novo […]