Profesionais do sector turístico asistiron en Foz a un seminario sobre a sustentabilidade e a eficiencia na xestión dos seus negocios enmarcada no programa de formación gratuíta do Clúster Turismo de Galicia.
Jorge Vallina Crespo, un experto no medio ambiente, turismo, responsabilidade social e sostenibilidad, encargouse de impartir este seminario, no que compartiu cos asistentes algunhas das
súas experiencias na posta en marcha de ecoetiquetas e marcas de calidade turística para diferentes organismos e institucións de España e América Latina. A próxima semana continúan os talleres e seminarios formativos, tamén en Lugo, que continuarán impartíndose de forma paralela ao curso superior de Dirección e Xestión de Empresas Turísticas que se desenvolve en Santiago de Compostela.
Todo o programa consta de 150 horas formativas, repartidas en diferentes seminarios, talleres e cursos que se están impartindo en localidades do catro provincias e que finalizarán na última semana de novembro. O obxectivo do Clúster Turismo de Galicia é promover unha maior profesionalización do sector e mellorar a súa competitividade.

Os profesionais interesados poden consultar o contido deste programa e do resto das actividades incluídas no calendario formativo a través da web http://www.iffe.es/formacion-cluster-turismo-galicia/

26 de Outubro de 2016
seminario formación Foz

Aprender sobre negocios turísticos sustentables e eficientes

Profesionais do sector turístico asistiron en Foz a un seminario sobre a sustentabilidade e a eficiencia na xestión dos seus negocios enmarcada no programa de formación […]
20 de Outubro de 2016
Curso Superior Gestión Empresa Turística Santiago

Máis de 70 profesionais do sector turístico melloran capacitacións profesionais a través do Plan de Formación do CTG

Santiago, Monforte, Sanxenxo e Vigo foron as cidades que esta semana acolleron as diferentes accións formativas que o Clúster Turismo de Galicia está a desenvolver no […]
12 de Outubro de 2016
escuela formación itinerante turismo galicia

Os hostaleiros do Camiño de Santiago melloran a atención ao cliente coa formación do CSHG

A Escola de Turismo Itinerante de Turismo de Galicia continúa este mes de outubro e novembro mellorando a formación dos hostaleiros do Camiño de Santiago a […]
04 de Outubro de 2016
Presentacion Plan de Formacion 2

Máis de 200 profesionais participarán no novo programa de formación do Clúster Turismo de Galicia

O programa inclúe máis de 150 horas de formación orientada a profesionais do sector que se desenvolve en 9 cidades galegas A primeira das xornadas arrinca […]