Coas axudas aprobadas este ano polo Goberno, os operadores de telecomunicacións levarán a fibra a máis de 1,15 millóns de fogares e locais comerciais de máis de 2.300 entidades singulares de poboación de zonas non rendibles, o que supón beneficiar a algo máis de dous millóns de habitantes, fundamentalmente pernecientes a áreas rurais, o que pode beneficiar directamente ás empresas de turismo rural.
As citadas axudas están recollidas na convocatoria 2017 do Programa de Extensión da Banda Ancha de nova xeración (PEBA-NGA) do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, cuxo obxectivo é garantir altas conectividades en banda ancha fixa a zonas sen cobertura actual nin prevista, xa sexa porque son municipios pequenos ou porque as rendas ou as perspectivas de adopción son menores ás que levará unha cobertura de banda ancha ultrarrápida de polo menos 100 Megabits por segundo (Mbps), maioritariamente con proxectos de fibra.

Na convocatoria de 2017, o programa comprende axudas por case 105 millóns de euros (25 na modalidade de subvención e 80 na de anticipo FEDER), o que supón un notable incremento respecto de 2016. As axudas cobren entre o 40 e o 80 % do custo dos proxectos, polo que se se engade o que achegan os propios operadores, os 138 proxectos aprobados xerarán un investimento inducido de 169,5 millóns.
As comunidades onde máis investimento se mobilizará son Andalucía (33,9 millóns) e, en segundo lugar, Galicia, con 15,2 millóns de euros, xa que aínda que a Comunidade Valenciana ten unha maior dotación (25,2 millóns) a intensidade máxima da axuda nesta comunidade é da 80% fronte ao 55% da Comunidade Valenciana. As diferenzas na intensidade da axuda responden a varios factores, como as condicións orográficas, o tamaño das localidades, o tipo de proxecto ou os recursos de que se dispoñen.
Oportunidade para o turismo rural
A mellora da conectividade nestes puntos pode unha gran oportunidade para desenvolver con máis forza o turismo de interior. E é que”o problema da conectividade no mundo rural é o principal hándicap que administración e empresas sinalan, e que se converte nunha auténtica barreira de acceso nun momento en que a necesidade de estar conectado forma parte das demandas de consumo fundamentais de moitos viaxeiros”, segundo recolle uns recentes estudos sobre o turismo rural.

10 de Xaneiro de 2018
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Convocatoria de axudas do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital para a implantación da banda ancha no rural

Coas axudas aprobadas este ano polo Goberno, os operadores de telecomunicacións levarán a fibra a máis de 1,15 millóns de fogares e locais comerciais de máis […]
28 de Novembro de 2017
Clausura plan de formación Cluster Turismo de Galicia 2017

Conclúe o III Edición do Plan de Formación turísica do Clúster Turismo de Galicia cun 150% máis de profesionais formados

Dous destacados expertos como Enrique Dans e Jaime López-Chicheri impartiron senllas masterclass nunha xornada que clausurou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro A Cidade […]
27 de Novembro de 2017
clausura plan de formación 2

Enrique Dans e Jaime López-Chicheri participarán na xornada de clausura do plan formativo do Clúster Turismo de Galicia

Enrique Dans e Jaime López-Chicheri, primeiras espadas do sector turístico en diferentes vertentes, intervirán este martes 28 de novembro na xornada de peche do Plan Formativo […]
16 de Novembro de 2017
taller internacionalización Sanxenxo

Practicamente concluido o plan de formación do Clúster Turismo de Galicia 2017

Un seminario de internacionalización, reveneu management e de cambios tecnolóxicos, xunto coa masterclass final do Programa Superior, prácticamente poñen o punto e final a esta acción […]