Unha trintena de empresarios e profesionais do sector turístico déronse cita en Sanxenxo para participar na xornada “A dixitalización do turismo e os seus desafíos”, programada no marco do programa Re-acciona TIC. En colaboración con IGAPE, Amtega, o Clúster Turismo de Galicia e o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, o obxectivo da xornada foi achegar dous casos de uso das tecnoloxías TIC aplicados para a posta en marcha dunha campaña de promoción, no caso da campaña Presume de Galicia, e para a modernización e cambio de estratexia empresarial dunha empresa familiar, como foi o caso da Naviera Nabia.

Dirixida a persoal directivo de pemes e micropymes, a xornada contou coa paticipación do presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, Francisco González, o xerente do IGAPE IP, José Manuel Fernández e o xefe de Departamento de Innovación Tecnolóxica de Amtega, Eladio Otero. Todos eles fixeron fincapé no proceso imparable de dixitalización que está a vivir este sector, mergullado nun proceso de globalización que fai necesaria a implementación de novas ferramentas e estratexias. En lestes sentido, tanto o responsable do Igape co de Amtega, aproveitaron a xornada para presentar o catálogo de servizos que actualmente ofrece tanto o programa Re-acciona, cuxa próxima convocatoria será no mes de xuño, como o Re-acciona TIC, desenvolvido en colaboración coa Amtega, e cuxo prazo de inscrición está aberto ata o 31 de maio.

Servizos cofinanciados

Diagnóstico TIC, mellora da dixitalización empresarial, aplicación de solucións TIC ou implementación de estratexias de mercadotecnia dixital son algúns dos servizos que ofrece este programa, cofinanciados entre a administración pública e as empresas que se benefician deste asesoramento.

Unha das empresas que implementou algún destes servizos foi a naviera Nabia, cuxa xerente, María Jesús Otero Acuña, tomou parte na xornada para explicar que para eles “foi unha experiencia moi positiva” que lles axudou a capacidade ao seu equipo directivo, a darlle valor aos seus servizos, reformular a súa estratexia empresarial e ofrecer servizos todo o ano.

Pola súa banda o CEO de Mr Turismo, Tono Múgico, foi o encargado de explicar a concepción e desenvolvemento da campaña que fixeron para o Clúster Turismo de Galicia, Presume de Galicia, e na que se implementaron numersas soluciones TIC para lograr obxectivos de difusión e posta en valor do Destino Galicia empregando exclusivamente medios e ferramentas en liña (webapp, redes sociais, google display…)

15 de Marzo de 2017
Jornada Re-acciona TIC Sanxenxo

Unha trintena de profesionais recibiron asesoramento para a dixitalización do sector turístico nunha xornada do Reacciona-TIC

Unha trintena de empresarios e profesionais do sector turístico déronse cita en Sanxenxo para participar na xornada “A dixitalización do turismo e os seus desafíos”, programada […]
09 de Marzo de 2017
xornada reacciona

Sanxenxo acolle unha xornada sectorial do programa Re-Acciona TIC sobre os desafíos da dixitalización turística

A elevada velocidade de transformación que vive o sector turístico expón novos desafíos para os seus profesionais, que deben estar ao tanto da como está a […]
23 de Febreiro de 2017
Jornada UpDatePEme

O TIC ao servizo da innovación no sector turístico abriron o programa #UpDatePeme

Impulsada pola AMTEGA en colaboración co Clúster a primeira xornada celebrada na Cidade da Cultura contou coa participación do director de I+D+i de Segittur, Enrique Lancis. Co […]
23 de Febreiro de 2017
Sicted presentación

Ferrol retoma o proxecto para distinguir a calidade turística e Pontevedra implementa tamén plan de asesoramento para lograr máis SICTED

Co obxectivo de seguir darlle un impulso ao proxecto SICTED en Ferrol, as empresas que xa participan no devandito programa asistiron esta semana a unha sesión […]