A Xunta publicou as bases que regularán a convocatoria para a concesión das axudas para a certificación, seguimento ou renovación da Q de Calidade, concedidas polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). As axudas están dirixidas a establecementos de turismo rural, hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, cámpings, axencias de viaxes, servizos de restauración (cafetarías, bares e restaurantes) e empresas de servizos turísticos complementarios.

As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, teñen aberto o prazo para a súa solicitude ata o 27 de xuño. Os conceptos subvencionables son os de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación e os dereitos de uso da marca Q no ano 2017.

Para poder optar a estas axudas é necesario ser unha peme e estar inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT). Para máis información pode visitar a web da Axencia Turismo de Galicia: http://www.turismo.gal, nos teléfonos 981 54 63 63 e 981 54 63 64 ou a través do correo: xerencia.turismo@xunta.gal.

Descarga a convocatoria no DOGA

29 de Maio de 2017
QdeCalidad

Aberto prazo para solicitar axudas para a certificación ou renovación da Q de Calidade

A Xunta publicou as bases que regularán a convocatoria para a concesión das axudas para a certificación, seguimento ou renovación da Q de Calidade, concedidas polo […]
15 de Maio de 2017
Gastroforum Cartel

Sustentabilidade e saúde, eixos do II Foro Gastronómico de Turismo de Galicia

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia acollerá os próximos 22 e 23 de maio o II Foro Gastronómico de Turismo de Galicia #GastroForumCSHG, centrado nesta […]
03 de Maio de 2017
observatorio ferh

Nace o Observatorio de Transformación Dixital de Hostalaría

A Federación Española de Hostalaría (FEHR), coa colaboración de ISDI, centro formativo para o sector dixital e apoio á dixitalización empresarial e a través de Fehractiva […]
20 de Abril de 2017
mailing_gradiant_260417

Retos do big data, nova xornada sectorial Reacciona TIC

As instalacións do Centro Gradiant en Vigo acollen o 26 de abril unha nova xornada do programa Re-Acciona TIC, “Cando os números falan. Retos do Big […]