As primeiras accións, para as que está aberto o prazo de inscrición, profundarán no uso das redes sociais na difusión cultural e nas técnicas para o relato divulgativo

Dentro do plan de teleformación posto en marcha pola Xunta de Galicia para mellorar as competencias dos profesionais do sector turístico na actual situación de confinamento, a Xunta puxo en marcha un plan de formación específica gratuíta online para o segmento dos guías de turismo, dando resposta a unha demanda do sector. Trátase de faladoiros especialmente dirixidos a estes profesionais nos que se profunda, entre outros asuntos, no uso das redes sociais na difusión cultural, as técnicas para o relato cultural e divulgativo, así como o patrimonio da Ribeira Sacra, entre outras.

A primeira delas celebrouse este luns centrada no uso das redes sociais para a difusión cultura, mentres que a segunda será o vindeiro luns, 4 de maio ás 17h sobre técnicas para o relato cultural e divulgativo. Serán impartidas polo especialista Miguel A. Cajigal (@elbarroquista) que ofrecerá os seminarios en directo, respondendo as dúbidas dos participantes, que recibirán tamén material informativo e documental con actividades de avaliación e ampliación dos coñecementos. Nas próximas semanas está previsto que tamén se programen accións formativas sobre o patrimonio da Ribeira Sacra -candidata a Patrimonio Mundial da Unesco en 2021- así como, en función da demanda, sobre arquitectura contemporánea en Galicia ou o Camiño de Santiago.

Estas novas accións encádranse no programa de formación para o sector turístico que continúa esta semana cunha sesión sobre Google Analitycs en hoteis e restaurantes a cargo de Tirso Maldonado, especialista en transformación dixital e no desenvolvemento de negocio en liña, que terá lugar o mércores, 29 de abril. Todas estas accións son gratuítas e o acceso é por orde de inscrición en www.turismo.gal/formacion. Para facilitar o acceso a estes contidos, a partir deste luns 27 estarán dispoñibles tamén na canle de Youtube do CSHG todos os cursos que xa foron impartidos.

27 de Abril de 2020
formación on line Xunta de Galicia

A Xunta abre unha liña específica para os guías turísticos a través do seu novo plan de teleformación gratuíta

As primeiras accións, para as que está aberto o prazo de inscrición, profundarán no uso das redes sociais na difusión cultural e nas técnicas para o […]
30 de Marzo de 2020
formación on line Xunta de Galicia

Catro novos webinars da Consellería de Cultura e Turismo completan o plan de teleformación para o sector turístico galego

Ante o éxito do primeiros catro webinars lanzados pola Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente […]
24 de Marzo de 2020
formación on line Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Turismo pon en marcha un plan de teleformación con 4 webinars durante o confinamento

A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, acaba de abrir o prazo para […]
12 de Marzo de 2020
Facendo o Camiño

Facendo ou Camiño surca a ría de Arousa

Continuando coa iniciativa de Proturga para dar a coñecer o Camiño de Santiago entre o propio sector turístico, Facendo o Camiño chega este sábado chega a […]