A Deputación da Coruña fixo público o programa de subvencións dirixidas a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade e a competitividade, así como a realización de actividades turísticas durante o ano 2017 na que se concede un total de 560.000 euros destinados a oito entidades de toda a provincia para o impulso do turismo de calidade e a profesionalización e modernización do sector turístico.
Ferrolterra é o consegue máis fondos, 180.000 euros que se reparten entre a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, que recibe 100.000 euros para elaborar un plan de promoción das Rías Altas a través de diversos eventos e a creación de bonos de experiencias, e a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, á que se lle concederon 80.000 euros para potenciar rutas como a das Meninas de Canido ou o Camiño Inglés e mellorar a xestión técnica da entidade.

Na comarca de Barbanza foron tres os entes turísticos que solicitaron as axudas da Deputación: a Asociación Rural de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia recibiu 40.000 euros para realizar cursos para profesionais do turismo e desenvolver o programa “Experiencia Ría de Muros-Noia”, que inclúe actividades gastronómicas, culturais e deportivas. A Asociación Socio-Cultural Auga e Sal utilizará os 20.000 euros achegados pola Deputación para adquirir material de promoción e realizar visitas guiadas na contorna de Muros. Por último, a Mancomunidade da ría de Arousa-Zona Norte, que conta cunha achega provincial de 60.000 euros, financiará a participación en feiras internacionais como ITB Berlín, WTM Londres ou o Salón Náutico de París, así como a organización de eventos turísticos na zona e a mellora da xestión técnica.

Doutra banda, Información e Comunicación Local (INCOLSA) tamén contará cunha achega provincial de 120.000 euros para levar a cabo acciones como o evento Santiago (e)tapas, desenvolver unha aplicación turística e realizar novas actividades ao redor da música e as tradicións populares no xeodestino das Terras de Santiago.

Unha achega da mesma contía económica tamén foi concedida ao Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, para a realización de actividades na zona das Mariñas, como os econtros gastronómicos Picado e Bocadillo Gourmet ou o I Xornada de Turismo Urbán.

No caso de Costa da Morte, a Deputación contribuirá, cunha achega de 20.000 euros, ao desenvolvemento do programa “O Encaixe no Camiño”, do que se encarga a asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas. Este programa inclúe unha exposición no Faro Vilán, unha ruta deste Camariñas ata Santiago de Compostela e unha celebración do día de Camariñas o 25 de xullo, consistente nunha recreación da lenda sobre a orixe do Encaixe.

25 de Agosto de 2017
Ponte-no-Rio-Eume-Viveza

560.000 euros para promocionar o seis xeodestinos da provincia da Coruña

A Deputación da Coruña fixo público o programa de subvencións dirixidas a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade e […]
29 de Maio de 2017
QdeCalidad

Aberto prazo para solicitar axudas para a certificación ou renovación da Q de Calidade

A Xunta publicou as bases que regularán a convocatoria para a concesión das axudas para a certificación, seguimento ou renovación da Q de Calidade, concedidas polo […]
20 de Abril de 2017
mailing_gradiant_260417

Retos do big data, nova xornada sectorial Reacciona TIC

As instalacións do Centro Gradiant en Vigo acollen o 26 de abril unha nova xornada do programa Re-Acciona TIC, “Cando os números falan. Retos do Big […]
23 de Marzo de 2017
ordenador-campo-sc

Aberta convocatoria para a dotación de banda ancha en zonas illadas en Galicia

A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) informa da apertura da primeira convocatoria de axudas da Xunta de Galicia dirixidas a dotar de banda ancha […]