Compostela acollerá ata o próximo 18 de novembro un completo programa composto por unha serie de seminarios, congresos e actividades con motivo da celebración do 30 aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo. Un programa especial impulsado por Turismo de Galicia que arrinca o luns 23 de outubro con acto oficial e un concerto de Amancio Prada na Catedral de Santiago.

Desde ese mesmo luns día 23 e ata o mércores 25, terá lugar o seminario Camiño de Santiago e Europa, organizado pola Cátedra do Camiño de Santiago e as peregrinacións da Universidade de Santiago (USC), en colaboración co Grupo Compostela de Universidades. Este encontro, con relatorio, mesas de debate e laboratorios prácticos desenvolverase no Paraninfo da USC e Museo das Peregrinacións e de Santiago. Nel, catedráticos, profesores e especialistas de varios países profundarán na realidade da ruta xacobea desde perspectivas variadas como a antropoloxía, o patrimonio, a sustentabilidade, as políticas públicas, a arte, ou a historia, entre outras. Marcelino Orella, que no ano 1987 dirixía o Consello de Europa, será o encargado de pronunciar a conferencia inaugural. Tamén nese tres días reunirase na capital galega o Comité Técnico da Federación Europea do Camiño de Santiago e, na xornada do luns, fará o propio o Comité Executivo do Consello Xacobeo, co fin de avanzar en diversas liñas de traballo entre as comunidades polas que discorre a ruta xacobea.

Premios Camiño de Santiago 2017
Un día despois, o martes 24, entregaranse os Premios Camiño de Santiago 2017, cos que se recoñece o traballo neste campo de institución públicas, asociacións, empresas, colexios, universidades e investigadores, profundando nos obxectivos do Consello de Europa.

O programa conmemorativo proseguirá en novembro, con tres citas máis. A primeira será o día 6, cun Encontro dos Itinerarios Culturais Europeos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG). Seguiralle, desde o xoves 9 ata o sábado 11, o X Congreso Internacional de Estudos Xacobeos impulsado polo Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e que nesta ocasión leva por título Iacobus Patronus. Finalmente, porase o broche de ouro co International Seminar on Transnational Tourism Themes and Routes, organizado por Turismo de Galicia xunto á European Travel Comission (ETC.) e a World Tourism Organisation (UNWTO).
Nesta cita estarán presentes os responsables de ambos os organismos, ademais de membros de institucións tan relevantes como a Unesco, o Parlamento e a Comisión Europea, o Instituto Europeo de Rutas Culturais, a Asociación Europea de Turismo (ETOA), Ibertur ou a Federación Europea de Cidades Napoleónicas.

Con esta programación, a Xunta de Galicia quere lembrar unha data crave na historia recente do fenómeno xacobeo, co impulso dos seus valores e a súa revitalización como espazo crave na configuración da identidade europea á vez que fai un repaso de todo o conseguido ata a data e senta as bases dos retos e as oportunidades nunha época na que os valores da ruta seguen estando vixentes e o Camiño segue marcando marcas de afluencia, xa que acaba de superar os 280.000 peregrinos, a cifra máis elevada da súa historia, dos que ata o 55% proceden de 177 nacionalidades diferentes.

23 de Outubro de 2017
Camino de Santiago 02

Programa especial cheo de actividades para conmemorar o 30 aniversario do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo

Compostela acollerá ata o próximo 18 de novembro un completo programa composto por unha serie de seminarios, congresos e actividades con motivo da celebración do 30 […]
23 de Marzo de 2016
P1010044

#Jornada5M, Mesa Redonda: Exemplos de aplicacións tecnolóxicas para a mellora da comercialización turística

Conducida polo redactor xefe de TecnHotel, Juan Daniel Núñez, a mesa contou coa participación de Rubén Sánchez, CEO de Beonprice; María José Vargas, responsable comercial en […]
23 de Marzo de 2016
P1010040

#Jornada5M: Mercados de interese na comercialización turística de Galicia

Os mercados británicos, alemán e estadounidense centraron a primeira das mesas redondas da xornada, que contaron coa participación dos responsables das Oficinas de Turismo de España […]
22 de Marzo de 2016
raulgarcia

#Xornada5M: Retos e Oportunidades na Comercialización Turística no Segmento Mice

Raúl García, fundador e director de MICEtraining.com e Aprendedeturismo.org Baixo o título “Retos e Oportunidades na Comercialización Turística no Segmento Mice”, o fundador e director de […]