A Deputación de Pontevedra presentou esta semana as conclusións da primeira fase de recollida de valoracións por parte de concellos e sector privado

A través de mesas de traballo temáticas, entrevistas e enquisas en liña, a Deputación de Pontevedra levou a cabo a primeira fase do Plan Estratéxico de Turismo de Pontevedra, na que se recolleron as valoracións e opinións sobres diferentes temas relativos ao futuro do sector turístico na provincia de Pontevedra. As conclusións deste plan de concertación presentáronse esta semana nun acto presidido pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo Deputado delegado de Turismo Rías Baixas, Santos Héctor Rodríguez e ante alcaldes, alcaldesas e representantes dos concellos da provincia. Entre as conclusións desta primeira fase de concertación destacaron que o destino debe ser de calidade e non masificado, baixo un modelo turístico sustentable, cunha oferta diversificada, un destino auténtico e diferenciado, desestacionalizado, con proxección internacional e coordinado.
Conclúe así a primeira fase do Plan Estratéxico de Turismo da provincia de Pontevedra para os anos 2017-2020 que a Deputación de Pontevedra calcula ter aprobado para o próximo mes de decembro. Neste sentido, a presidenta lembrou que a importancia deste Plan Estratéxico, o primeiro destas características que se formula na provincia coa colaboración de concellos e sector privado. Carmela Silva sinalou que “o turismo representa o 11% do PIB de Galicia e o 12% da ocupación laboral, polo que nos xogamos, con este plan consensuado e con recursos para poder desenvolver as liñas que se marquen, a actividade económica, o crecemento económico e a creación de emprego da nosa provincia”.
Para o desenvolvemento desta primeira fase a Deputación de Pontevedra puxo en marcha 10 mesas de traballo organizadas en oito temáticas (litorais; culturais; sobre cruceiros, MICE e turismo urbano; enogastronomía; natureza e termalismo; o Camiño de Santiago; turismo deportivo, activo e de aventura e tamén sobre turismo rural e de raíces), que contaron cunha participación media de 15 persoas. Ademais, realizáronse 70 entrevistas cos 11 concellos turísticos da provincia de Pontevedra, 7 entidades xestoras, 11 asociacións e 41 empresas clave do sector e, por último, levaron a cabo enquisas en liña para 61 concellos (dos que responderon 54) e 140 empresas, das cales a maior parte delas procedían de Sanxenxo (un 16%), Pontevedra (un 13%) e Vigo (o 9% delas)/delas).

Primeiras conclusións
No plan de concertación avaliouse a situación actual do sector turístico, tanto nos aspectos xerais do destino Rías Baixas como nos relativos ao ámbito público e ao privado. Ademais, identificáronse os produtos prioritarios, entre eles o turismo cultural, termal, de natureza, rural ou o enogastronómico. Tamén se concretaron as liñas de accións promocionais, nas que destacaron a promoción nas redes sociais, os acordos con empresas tour-operadoras e a páxina web www.turismoriasbaixas.com e establecéronse os mercados xeográficos prioritarios, tanto nacionais como internacionais. En canto ás materias de formación, a pesar da destacar todas como prioritarias, valoraron especialmente os idiomas, a atención aos usuarios e usuarias e a innovación turística. No que se corresponde cos retos identificados, a colaboración e coordinación entre as administracións e o sector persoal, a desestacionalización, a diversificación da oferta, a profesionalización do sector e a promoción e difusión da provincia con fincapé na promoción do interior.

21 de Setembro de 2017
plan estrategico Turismo de Pontevedra

O Plan Estratéxico de Turismo de Pontevedra estará aprobado en decembro

A Deputación de Pontevedra presentou esta semana as conclusións da primeira fase de recollida de valoracións por parte de concellos e sector privado A través de […]
20 de Setembro de 2017
foto grupo entrega q calidad

A Coruña acolle a entrega das 281 distincións Q de Calidade 2017

O presidente Feijóo presidiu o acto e destacou que Galicia é a única comunidade que leva 14 anos consecutivos sumando certificacións Q de calidade O Palacio […]
19 de Setembro de 2017
presentacion sporttoury

Galicia estréase na certificación Sporttoury, nova marca de calidade do Turismo Deportivo en España

A certificación, impulsada pola Asociación do Deporte Español, polo Consello Superior de Deportes e polo Comité Olímpico Español recalou en Galicia para a presentación desta iniciativa […]
18 de Setembro de 2017
termatalia fam trip

Axencias de viaxes de España e Portugal coñecerán en Termatalia a oferta termal de Galicia

A través dunha viaxe de familiarización búscase potenciar a comercialización do produto turismo de saúde asociándoo a outros atractivos como a enogastronomía A acción conta coa […]