Baixo o título “Neste Entroido… que non chos disfracen”, a iniciativa ten como obxectivo sensibilizar ao sector sobre a importancia de consumir espirituosos amparados e etiquetaxes

Organizadas por Turismo de Galicia en colaboración co Clúster Turismo de Galicia, as delegacións da Xunta de Galicia na Coruña e Ourense, así como as Consellerías de Medio Rural e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e coa colaboración do Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, o obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer e promocionar entre o sector turístico os destilados con procedencia 100% galega.
A iniciativa, que leva por nome “Neste Entroido… que non chos disfracen”, celebraranse ao longo de tres xornadas en Santiago, A Coruña e Ourense co obxectivo é concienciar ao sector turístico de Galicia sobre a importancia de degustar bebidas espirituosas certificadas e con etiqueta, evitando o consumo dun produto “disfrazado”, non regulado, ao tempo en que se inicde na importancia de pór en valor as augardentes e licores galegos, que demostran unha gran versatilidade tanto na cociña como o coctelería, como poderán comprobar os participantes nas xornadas, que ao longo dunha hora e media aproximadamente participarán nunha cata comentada dos produtos amparados así como unha demostración de coctelería e de cociña.
Así, a primeira xornada terá lugar o luns 5 de febreiro no CSHG, en Compostela, orientada aos seus estudantes, nun primeiro encontro que contará coa participación da conselleira de Medio Rural e da directora de Profesionalización do CSHG. As xornadas dirixidas ao sector profesional terán lugar o martes 6, no IES Vilamarin, coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o mércores 7, no CIFP Paseo dás Pontes, onde tamén participará a Directora Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Alimentarias.
Se queres participar, é necesaria previa inscrición no correo electrónico secretaria.turismo@xunta.gal ou no teléfonos: 981 546 351/ 981 546 352.

programa orujo

31 de Xaneiro de 2018
Cartel Xornada Augardentes

Xornadas de sensibilización sobre os licores e augardentes para alumnos e profesionais do sector turístico

Baixo o título “Neste Entroido… que non chos disfracen”, a iniciativa ten como obxectivo sensibilizar ao sector sobre a importancia de consumir espirituosos amparados e etiquetaxes […]
30 de Xaneiro de 2018
presentacion xantar

Máis de 200 actividades enogastronómicas e turísticas e 12 países representados en Xantar 2018

A piques de abrir as súas portas, entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico ofrécelle ao visitante […]
26 de Xaneiro de 2018
Pontevedra Norte

Deza-Tabeirós, novo destino de calidade turística Sicted en Galicia

A plataforma, que abarca oito municipios, arrinca con 48 empresas recoñecidas, moitas delas de Silleda A Asociación de Desenvolvemento Rural Terra de Pontevedra Norte -GDR acaba […]
25 de Xaneiro de 2018
turismo rural carro

O turismo rural recupérase en 2017

O turismo rural viviu en 2017 un bo ano en canto á evolución de prezos, cun 62,1% de aloxamentos que os manteñen e un 21,8% que […]