A través do proxecto “Facer Caminho”, Galicia e Norte de Portugal pon en marcha un novo proxecto conxunto co obxectivo de seguir impulsando proxectos de cooperación en materia turística no marco da Eurorrexión. Neste caso, o obxectivo principal de ‘Fazer Caminho’ é consolidar as rutas do Camiño de Santiago na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e impulsar o seu aproveitamento sustentable como un recurso patrimonial cultural e natural transfronteirizo capaz de xerar actividades turísticas e económicas que contribúan ao desenvolvemento socioeconómico deste territorio.

“Fazer Caminho” é un proxecto que aspira ao financiamento do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) e por iso, Xunta e administración lusa mantiveron contactos co fin de avanzar na definición dos obxectivos comúns xa que se pretente impulsar unha candidatura que contribúa a protexer e valorizar o Camiño de Santiago como recurso como sinal de identidade, o que leva aparellado o fomento da cooperación na súa protección e promoción, entre outros fins. No marco do proxecto Fazer Caminho, aspírase á mellora das condicións para a xestión conxunta e a afluencia do Camiño de Santiago, ao incremento e mellora do coñecemento sobre o mesmo ou a unha maior implicación da poboación local na súa conservación.

Os habitantes dos territorios por onde discorren os itinerarios xacobeos desta Eurorrexión serían os principais beneficiarios desta candidatura, pois profundar na ordenación da súa actividade redundará na mellora da calidade de vida e no desenvolvemento socioeconómico.

Iniciativas turísticas na Eurorrexión

Esta candidatura encaixa nos obxectivos plasmados no Plan director do Camiño de Santiago no que a Xunta de Galicia traballa desde 2015 coa vista posta no Xacobeo 2021. Esta folla de ruta ten entre as súas liñas estratéxicas a protección de todas as rutas de peregrinación e precisamente dedica 2018 ao Camiño Portugués e ao Camiño Portugués da Costa.

En paralelo a ‘Fazer Caminho’, Turismo de Galicia está implicado noutros proxectos co país luso como o proxecto Gerês-Xurés Dinámico, xa aprobado no marco do POCTEP. Tamén colabora a través da Macrorregión de Rexións do Suroeste Europeo (RESOE), na que se atopan, xunto a Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e Norte e Centro de Portugal.

15 de Febreiro de 2018
Camino de Santiago

Turismo de Galicia avanza na definición dun proxecto conxunto co norte de Portugal ao redor do Camiño de Santiago

A través do proxecto “Facer Caminho”, Galicia e Norte de Portugal pon en marcha un novo proxecto conxunto co obxectivo de seguir impulsando proxectos de cooperación […]
14 de Febreiro de 2018
SONY DSC

Turismo de Galicia convoca nove bolsas de formación práctica para os anos 2018 e 2019

Co obxectivo de fomentar o perfeccionamento profesional dos futuros profesionais turísticos mediante a realización de prácticas formativas en diversas áreas dependentes da Axencia Turismo de Galicia, […]
13 de Febreiro de 2018
xornada turismo activo costa sostible

O Galp Costa Sustentable celebra unha xornada sobre turismo activo e experiencial como fonte de diversificación económica

O evento estivo orientado ao sector profesional relacionado co turismo, o deporte a hostalaría e o mar instalado no territorio de acción do GALP Costa Sustentable […]
12 de Febreiro de 2018
BTL-2018

A BTL de Lisboa celebrarase do 28 de febreiro 4 de marzo

Coincidindo coa celebración do seu trixésimo aniversario, a Feira de Turismo de Lisboa, BTL, celebrarase do 28 de febreiro ao 4 de marzo nas instalacións da […]