A Xunta avanza o seu obxectivo de converter o 2021 no mellor ano santo da historia cunha oferta única en paisaxes, patrimonio e lecer.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo avanzou no Salón Internacional de Turismo Fitur as claves nas que traballará sector e administración no horizonte de 2021, seguindo as pautas establecidas no Plan Estratéxico de Turismo de Galicia, no que se aposta por un turismo respectuoso e de calidade, que permita preservar o patrimonio e ofrecer a mellor atención ao visitante escorrentando o fantasma da turismofobia; un turismo que non estea concentrado só en certas zonas e en certos momentos do ano; e por un turismo moderno e de experiencias, que axude ao visitante a descubrir o mellor da xeografía galega, impulsando produtos turísticos como Galicia Surfing, a Ruta dos Faros, Galicia ao Volante ou os minicruceros e o turismo náutico.

Ademais de lembrar as múltiples fortalezas coa conta o destino (gastronomía, festas de interese turístico, patrimonio cultural e natureza), Feijóo resaltou os traballos que se están levando a cabo para ampliar esta lista de bens recoñecidos pola Unesco, con dúas candidaturas de primeiro nivel: a Ribeira Sacra, unha zona que conxuga unha natureza de vertixe coa maior concentración de igrexas e mosteiros románicos de Europa; e Cíes-Illas Atlánticas. “E os apaixonados da cultura e a Historia teñen en 2018 unha oportunidade de ouro para visitar Galicia: o Ano Europeo do Patrimonio Cultural; e o 25 aniversario da declaración do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade”, abundou.

Ao longo da súa intervención, Feijóo incidiu en que esta aposta por un turismo tranquilo e de calidade ten como obxectivo converter Galicia nun fogar aberto para todo aquel que queira coñecela, que faga sentir os turistas como en casa nos 273 establecementos que contan coa Q de Calidade Turística, unha distinción na que Galicia é líder a nivel nacional.

Premio á caseta de Galicia
E é que Galicia concluíu o seu paso por Fitur coa satisfacción de anunciar non só datos positivos se non tamén coa recollida de varios premios. Así, a Xunta recibiu dúas dos premios concedidos na 38ª edición desta feira de turismo internacional que se celebra en Madrid: o de Mellor Caseta na categoría de institucións e comunidades autónomas e ao de Mellor Produto de Turismo Activo polas súas Experiencias nos parques naturais, unha nova oferta impulsada recentemente pola Consellería de Medio Ambiente e Turismo de Galicia.

Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, foi a encargada de recoller ambas as distincións en nome do Goberno autonómico. “Estes premios son un aliciente que nos anima a seguir traballando e que nos confirma que o noso modelo turístico é valorado e apreciado”, afirmou. “Galicia ofrece un turismo de calidade e comprometido coa contorna na que se desenvolve. Un turismo que aproveita e revaloriza o seus mellores recursos”, sinalou Nava Castro.

20 de Xaneiro de 2018
feijoo y rey fitur 2018

Galicia traballa no horizonte do próximo Xacobeo para converterse en destino sustentable, diversificado, accesible e de calidade

A Xunta avanza o seu obxectivo de converter o 2021 no mellor ano santo da historia cunha oferta única en paisaxes, patrimonio e lecer. O presidente […]
19 de Xaneiro de 2018
cidade da cultura presentacion fitur 2018

A Cidade da Cultura preséntase en Fitur como un recurso turístico estratéxico para Compostela

Á cita con Fitur tampouco faltou a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, que se presentou como un recurso turístico estratéxico para Galicia en 2018. A […]
19 de Xaneiro de 2018
presentacion xantar fitur 2018

De Lugo a Paradanta pasando por Xantar, a gastronomía e os viños non podían faltar en Fitur

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) presentou un ano máis en Fitur a nova edición do seu guía turístico-gastronómica “E […]
19 de Xaneiro de 2018
Ezaro presntación FItur 2018

O turismo deportivo gaña enteiros nas presentacións galegas en Fitur

Surf, golf, triantlón, regatas… Galicia encherase en 2018 de eventos deportivos, algúns novos, outros plenamente consolidados que nos falan dun territorio ideal para a práctica deportiva […]