As 200 experiencias que ofrecía o salón foron seguidas por máis de 7.000 asistentes

Xantar pechou portas con máis de 24 mil visitantes, cifras que o sitúan como un gran punto de encontro internacional para o turismo e a gastronomía. Con 273 expositores, 15 restaurantes e 20 menús e ofrecendo máis de 200 experiencias para “vivir Xantar”, a única feira internacional especializada en turismo gastronómico de España conclúe despois de cinco xornadas de intensa actividade que estiveron dirixidas a estreitar as relacións de cooperación transfronteiriza entre Galicia e Portugal, e iberoamericana a través da participación activa de Panamá e da presenza de profesionais e chefs de Costa Rica, México e Estados Unidos. Portugal, país invitado, foi o gran protagonista desta cita na que demostrou por que foi elixido como o Mellor destino turístico do Mundo nos World Travel Awards. Xantar 2018 volveu a contar coa fidelidade dos profesionais do sector e tamén do público xeral procedente tanto de Galicia como de Portugal e de provincias limítrofes, o que cumpre o obxectivo do salón de fomentar o turismo de proximidade a través da gastronomía.

A clausura desta 19ª edición correu a cargo da conselleira de Medio Rural, Anxos Vázquez, que estivo acompañada pola directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. A conselleira indicou que “Xantar é unha oportunidade magnífica para dar a coñecer os produtos galegos, xa que aquí está representada toda a cadea de produción, desde o produtor ata o hostaleiro e cociñeiro pasando pola industria alimentaria”. Indicou ademais que se trata de “un referente internacional e un exemplo de cooperación transfronteiriza e iberoamericana”. Pola súa banda, Nava Castro explicou que “a gastronomía é xa un reclamo turístico en se mesmo pero tamén un complemento perfecto para outros recursos turísticos” e indicou que a Xunta aprobará en breve o seu Plan de Enogastronomía.

O programa de actividades de Xantar 2018 presentou máis de 200 experiencias gastronómicas repartidas en tres aulas gastronómicas e unha de cata, cunha media de catro actividades por hora de duración do salón, que foron seguidas por máis de 7.000 participantes, no seu maior parte profesionais do sector. Este programa incluíu exhibicións de cociña en directo na que participaron recoñecidos chefs de Galicia, Portugal, Panamá, Costa Rica, México e Estados Unidos e nas que se puxeron en valor os produtos autóctonos e de calidade. Outra das actividades que espertaron o interese dos profesionais foron as máis de 25 catas comentadas de produtos como o viño, licores, queixos, mel, ron ou café. Hai que engadir as máis de 50 degustacións ofrecidas polos expositores como as da raia con queixo e viño de Amandi de Sober ou o Botelo do Barco de Valdeorras, por citar algunhas das organizadas para esta xornada de clausura.

06 de Febreiro de 2018
clausura xantar 2018

Xantar 2018 pecha a súa 19ª edición con 24.000 visitas como a única feira internacional especializada en turismo gastronomómico de España

As 200 experiencias que ofrecía o salón foron seguidas por máis de 7.000 asistentes Xantar pechou portas con máis de 24 mil visitantes, cifras que o […]
06 de Febreiro de 2018
PortaDaBahia

A Ruta do Viño Rías Baixas incorpora dous novos socios en Cambados

A Ruta do Viño Rías Baixas acaba de incorporar dous novos asociados: 1730 Tenda Adega Finca de Maza e a adega Lagar da Cachada, ambas as […]
05 de Febreiro de 2018
barometro hometogo

Pontevedra e A Coruña se situán con prezos medios de aluguer vacacional por encima dos 100 euros

Segundo un estudo de HometoGo de reservas de alugues vacacionais en España durante 2017 que sitúa a País Vasco e Baleares no ranking de provincias máis […]
02 de Febreiro de 2018
logotipo-VDC-azul

A Xunta destinará case 2,9 millóns a axudas para rehabilitar vivendas na área dos camiños de Santiago

A Xunta destinará máis de 2,8 millóns de euros ás axudas de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas no marco da área de rehabilitación integral […]