A caseta de Turismo Porto e Norte acolleu a presentación na Feira Internacional de Turismo de Portugal, a BTL de Lisboa, da próxima edición da Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar Termatalia 2019, que se celebrará en Ourense entre os días 18 e 21 de setembro. Despois das presentacións de FITUR de Madrid e da IBT de Berlín, Termatalia recalou en Portugal da man do director da feira, Alejandro Rubín, e a directora de Relacións Internacionais, Emma González, que presentaron as novidades da próxima edición que se celebrará Ourense.

O lugar elixido para este acto foi un ano máis a caseta da Entidade de Turismo Porto e Norte, principal socio estratéxico de Termatalia en Portugal nun acto que contou coa participación de importantes representantes institucionais do país e empresarios do sector do turismo e na que quedou patente unha vez máis os grandes valores da feira que a sitúan a nivel mundial.

A presentación serviu ademais para presentar ás empresas portuguesas as oportunidades de participar en Termatalia 2019. Neste sentido, levaron a cabo encontros con representantes do turismo doutras zonas de Portugal como Termas Centro, así como o encontro co presidente da Associaçao dás Termas de Portugal, Victor Leal. E é que Termatalia serve tamén o punto de encontro e promoción dos principais destinos termais do país luso como as Illas Azores e das institucións que os promoven como a Associaçao Termas de Portugal ou a Entidade Rexional de Turismo Porto e Norte, todos eles habituais expositores e colaboradores da feira. Non en balde Portugal é un país que aposta polo termalismo e pola súa internacionalización, confiando no efecto chamada do “Turismo de saúde” e no seu papel como dinamizador do turismo interno e externo.

19 de Marzo de 2019
btl 1

Termatalia presentouse na Feira Internacional de Turismo BTL de Lisboa

A caseta de Turismo Porto e Norte acolleu a presentación na Feira Internacional de Turismo de Portugal, a BTL de Lisboa, da próxima edición da Feira […]
18 de Marzo de 2019
Turistic 2019

Vigo acollerá o próximo mes de abril ao II Xornada TurisTIC, centrada no turismo intelixente

O Museo Verbum de Vigo acollerá o próximo 10 de abril a segunda Xornada TurisTIC sobre Turismo intelixente, organizada pola Deputación de Pontevedra. O encontro busca […]
15 de Marzo de 2019
Acuerdo Feprohos Hoy por ti

Acordo solidario dos hostaleiros vigueses

A Federación de Hostalaría de Pontevedra (Feprohos) asinou un acordo de colaboración coa ONG “Hoxe por Ti”, presidida polo actor Antonio Durán ?Morris?, mediante o que […]
14 de Marzo de 2019
workshop

Workshop en Baiona para o sector turístico de Pontevedra

Viajes Grupo Europa, en colaboración con hostalaría de Pontevedra (FEPROHOS) e hospedaxe de Pontevedra (ASEHOSPO) organizan o vindeiro sábado, 23 de marzo, un workshop no Parador […]