A Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) celebrou recentemente en Vimianzo a súa asemblea anual na que se repasou o traballo do 2017 e fixáronse os obxectivos do 2018, centrados na colaboración coa CMAT, a Xunta, a Deputación, o GDR e os GALP. Ademais, establecéronse entre os principais obxectivos para este eño a elaboración do plan estratéxico e o impulso do turismo activo como metas fundamentais.
A asemblea serviu así para valorar as actuacións da entidade durante 2017, entre as que destacaron a súa presenza en feiras sectoriais especializadas como Fitur, Turexpo, Intur, Rimini, Berlín e no Fairway de Santiago, con espazo propio, pero tamén a firma do convenio coa Xunta, a creación de produtos ou as campañas de promoció levadas a cabo. Para este 2018, ademais dese plan tan reclamado por moitos alcaldes, no que a Xunta terá un papel importante á hora de financialo, desde APTCM pretenden, máis aló da liña xeral galega que aposta pola gastronomía, centrarse no turismo activo. Iso é: formar profesionais para que, por exemplo, poden exercer como guías de sendeirismo ou crear un calendario que recolla todas as principais citas deportivas da Costa da Morte, á hora de promovelas entre os turoperadores e os potenciais visitantes. Da Deputación, á marxe doutros apoios, esperan, fundamentalmente, que lles financie a secretaría técnica e co GDR e o GALP 3 (confían en facelo tamén co 4) xa están na liña de aproveitar mutuamente o traballo realizado. Xa en orde interna decidiron subir as cotas de 50 a 100 euros anuais e iniciará unha campaña porta a porta para sumar afiliados.

05 de Marzo de 2018
APTCM

APTCM fixa entre os seus obxectivos para o 2018 o desenvolvemento dun plan estratéxico e o impulso do turismo activo

A Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) celebrou recentemente en Vimianzo a súa asemblea anual na que se repasou o traballo do […]
02 de Marzo de 2018
barometro exceltur

Exceltur destaca o crecemento na rendibilidade e emprego experimentando polos destinos de turismo urbano

Dos 102 analizados en toda España destaca, entre as cidades de menor tamaño e ingresos, os bos resultados de Pontevedra e Santiago A análise pormenorizada dos […]
01 de Marzo de 2018
mesa de turismo de pontevedra

Creada a Mesa Provincial do Turismo como ferramenta estratéxica para o sector da provincia de Pontevedra

Concibida no marco do Plan Estratéxico de Turismo impulsado pola Deputación de Pontevedrac, a Mesa Provincial do Turismo nace co obxectivo de ser un punto de […]
28 de Febreiro de 2018
Termatalia Brasil

Termatalia Brasil 2018 atrasa unha semana a súa cita en Foz de Iguaçu e celebrarase do 12 ao 14 de setembro

Termatalia Brasil 2018 celebrarase entre o 12 e o 14 de setembro no Centro de Convencións Mestra do Hotel Recanto Cataratas de Foz do Iguaçu baixo […]