Co obxectivo de contribuír a profesionalizar o sector, aumentando unha oferta de calidade sustentable coa contorna constituíuse a Asociación de Festivais de Galicia. Oito espectáculos asócianse nesta iniciativa, o Festival Ribeira Sacra, o Festival Sorrías Baixas de Bueu (Pontevedra), Vive Nigrán (Pontevedra); Atlantic Fest de Illa de Arousa (Pontevedra); Revenidas de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra); o Festival a Luz de Boimorto e o Work on Sunday Festival de Santiago. Uns espectáculos que “non se entenden como competencia”, senón que “chegan colectivamente onde non chegarían individualmente”. A nova corporación, tal e como apuntou o seu xerente, Xabi Alonso, nace a partir de oito festivais “moi distintos” que a dotan dunha “gran riqueza” coa que buscan unha “maior conexión cos públicos”. A entidade, ademais, de erixe como un interlocutor válido fronte á administración pública e entidades privadas á hora de traballar conxuntamente para mellorar a oferta cultural galega e crear atractivos turísticos sustentables a longo prazo. Neste sentido, os impulsores da iniciativa destacaron que os oito espectáculos implicados moveron en 2017 a 75.000 persoas cun investimento de 1,5 millóns de euros, o que fai que, en moitos casos, estes festivais funcionen como “o único foco de atracción de turistas para o municipio” no que se celebran. Con todo, o labor da organización será, en palabras do seu xerente, a procura “non dun modelo de festival masivo, senón dun festival responsable coa contorna”, polo que convidaron a outros festivais e asociacións que cumpran cos criterios profesionais a unirse á iniciativa.
23 de Maio de 2018
Asociación Festivales de Música

Oito espectáculos de música únense para constituír a Asociación dos Festivais de Galicia

Co obxectivo de contribuír a profesionalizar o sector, aumentando unha oferta de calidade sustentable coa contorna constituíuse a Asociación de Festivais de Galicia. Oito espectáculos asócianse […]
22 de Maio de 2018
viviendas

O decreto de vivendas de uso turístico cumpre o seu primeiro ano en vigor coa regularización de máis de 5400 vivendas de uso turístico

O sector turístico considera que o decreto está a cumprir o seu obxectivo de introducir esta modalidade de aloxamento na oferta turística regulada O decreto de […]
21 de Maio de 2018
Camino de Santiago

Alto nivel de satisfacción de peregrinos e veciños do Camiño de Santiago, segundo un estudo que destaca que a Ruta Xacobea non está saturada

Un estudo da USC constata que a capacidade de acollida dos camiños de Santiago é superior á actual e mostra a satisfacción do peregrino O estudo […]
18 de Maio de 2018
Semana Santa Santiago

Galicia suma xa 141 festas de interese turístico tras aprobar o Consello da Xunta tres novas distincións

A Feira do Butelo da Fonsagrada, a Festa do Caldo Galego de Mourente (Pontevedra) e a Semana Santa de Santiago de Compostela alcanzan este título polo […]