Turoperadores de Asturias e Castela e León mantiveron encontros profesionais cos máis de 40 empresarios galegos

Impulsados polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración con Turismo de Galicia, celebráronse en destinos de proximidade para achegar a oferta turística galega en puntos emisores de turismo nacional

Un total de 185 profesionais do sector turístico de Galicia, Asturias e Castela e León déronse cita na segunda edición dos Workshops de Proximidade que se celebraron este mércores e xoves en Oviedo e Valladolid. Impulsados polo Clúster Turismo de Galicia, en colaboración con Turismo de Galicia, as dúas xornadas de traballo serviron para que 40 empresarios galegos mantivesen encontros profesionais coas outras tantas empresas asturianas e castelás, entre as que se atopaban as principais axencias de viaxe e turoperación de Oviedo e Valladolid. Ambas as cidades foron os dous destinos elixidos este ano o Clúster Turismo de Galicia para dar a coñecer Galicia como destino de proximidade entre os profesionais do sector turístico nacional.

Nas dúas cidades, o Clúster Turismo de Galicia organizou un encontro cos profesionais do sector turístico destes territorios co obxectivo de achegar a oferta turística galega a destinos nacionais que reúnen as condicións perfectas para ser emisores de turismo nacional cara ao territorio galego e que poidan exporse elixir Galicia como destino perfecto para un fin de semana. “Este tipo de encontros agendados permiten aos profesionais do sector turístico galego xerar novas sinerxías con outros turoperadores, dar a coñecer produtos ou servizos ou fortalecer o networking”, explicaba o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Franciscon González.

Consolidando unha iniciativa de traballo cooperativo
Baixo o slogan “Galicia, máis preto de ti”, os Workshops de Destino de Proximidade chega así a segunda edición, tras unha primeira que tivo lugar o ano pasado en Salamanca. E fano co respaldo de Turismo de Galicia, cuxa directora de Turismo, Nava Castro, tivo oportunidade de coñecer de primeira man o seu desenvolvemento, ao participar na xornada do mércores en Oviedo. Tanto a directora como o propio sector destacou a importancia de seguir apostando por iniciativas de promoción conxunta, tanto coa administración pública como co conxunto do sector turístico.

01 de Xuño de 2018
workshop cluster galicia oviedo 5

Preto de 200 profesionais déronse cita nos workshops do Clúster de Turismo en Oviedo e Valladolid

Turoperadores de Asturias e Castela e León mantiveron encontros profesionais cos máis de 40 empresarios galegos Impulsados polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración con Turismo […]
30 de Maio de 2018
puertas abiertas rutas del vino 2018

Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra celebran esta fin de semana as súas Xornadas de Puertas Abertas

Tralo éxito obtido polas actividades celebradas durante as xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Rías Baixas e Ribeiro, celebradas o último fin de […]
29 de Maio de 2018
CarrieDavidsonRitaSobrado2

Os visitantes a Santiago, A Coruña e Vigo suman o 60% do total de viaxeiros que elixiron Galicia no primeiro trimestre do ano

Compostela acolleu o primeiro Partners Event de Expedia Group en Galicia nun acto no que se deron a coñecer algúns datos extraídos dos usuarios de Expedia […]
28 de Maio de 2018
Cursodeformacinmixto-gal 4

Os profesionais turísticos de Pontevedra poderán formarse gratuitamente en turismo sustentable

Co obxectivo de mellorar o coñecemento entre os profesionais do sector turístico (empresariado e persoal) do que significa turismo sustentable, a Deputación de Pontevedra pon en […]