O Concello de Santiago e a asociación Hostalaría Compostela asinaron un convenio que ten como obxectivo promover o consumo da auga corrente e, por tanto, reducir a xeración de residuos no sector HORECA. O acordo, enmarcado no proxecto Santiauga, compromete a Hostalaría Compostela a funcionar como intermediario entre os establecementos e o concello, dándolle a máxima difusión e visibilidade a esta iniciativa e organizando sesións informativas para os establecementos interesados en participar na proposta.

Pola súa banda, o Concello de Santiago comprométese a facer entrega dos materiais da campaña, como xerras ou carteis de mesa, aos establecementos participantes. A iniciativa, “enmárcase no compromiso da asociación co coidado do medio ambiente, e no obxectivo de ter unha cidade máis limpa e máis acolledora, como se merecen os clientes do sector, que son tanto os turistas como os propios veciños e veciñas de Santiago”, explicou a presidenta da Asociación, Sara Santos, que expresou o seu convencemento de que “serán moitos os establecementos que se incorporen á campaña.

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou que o convenio pretende “animar os establecementos de restauración, preferiblemente os que sirvan menú do día, a ofertar auga da billa para acompañar os xantares ou as ceas”, seguindo unha iniciativa que leva anos funcionando con éxito en cidades de todo o mundo como París ou Nova York. “O consumo da auga de billa é a mellor opción por calidade, sustentabilidade, prezo e saúde” non só polo enorme impacto ambiental que teñen os residuos plásticos, que se suma aos custos da auga embotellada se non porque “temos unha auga corrente de moi boa calidade, que conta coa certificación ESO 22000 de seguridade alimentaria e control da inocuidade da auga potable”, un recoñecemento implantado nas industrias alimentarias de referencia que se comezou a introducir tamén nalgúns abastecementos de auga de consumo humano. Ademais, estudos feitos en laboratorio sinalan que a auga da chave de Santiago ten niveis de calidade idénticos á da auga embotellada, cun grao de mineralización débil, niveis intermedios de PH e baixo contido en sodio.

15 de Xuño de 2018
RP_augabilla

O Concello de Santiago e Hostalaría Compostela colaboran para fomentar o consumo da auga da billa

O Concello de Santiago e a asociación Hostalaría Compostela asinaron un convenio que ten como obxectivo promover o consumo da auga corrente e, por tanto, reducir […]
14 de Xuño de 2018
Deloitte

A renovación e rehabilitación hoteleira, unha prioridade para o sector en 2018

Un informe elaborado por Deloitte destaca o forte tirón investidor que se vive desde 2017 en España, con previsión de apertura de 74 novos hoteis en […]
13 de Xuño de 2018
destino_activo_11-06_DSC02801

Galicia Destino Activo avanza na creación de máis de 16 produtos de turismo activo

A marca de referencia de Turismo Activo de Galicia está a involucrar a través de mesas de traballo a tódalas empresas turísticas do territorio galego con […]
13 de Xuño de 2018
Galicia_Vive_O_camino

Vive o Camiño ofrece este verán máis de 40 actividades

O programa de artes escénicas Vive o Camiño ofrecerá durante desde finais de xuño e ata o mes de setembro máis de 40 actividades gratuítas dirixidas […]