Cunha contía global de 130 mil euros, a Xunta de Galicia lanza unha convocatoria dirixida tanto á administración locais como ás empresas privadas para que aposten por esta certificación

A Xunta de Galicia acaba de lanzar a nova convocatoria de axudas para a certificación, seguimento e renovación das certificacións da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). Como principal novidade respecto de convocatorias anteriores destaca o incremento dun 30% do orzamento respecto de edicións anteriores e o feito de que, por vez primeira, poderán concorrer tanto persoas físicas e xurídicas persoais como tamén, como novidade, os concellos.

Como se indica no DOG serán actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación de márcaa Calidade Turística Q do ICTE, correspondentes a este ano e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2020. O prazo está aberto até o próximo 2 de abril.

En concreto, serán subvencionables os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE. Os importes obxecto de subvención serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría do ano 2020. Tamén serán subvencionables os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2020, unha vez conseguida a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

As subvencións financiaranse cun crédito global de 130.000 euros, dos que 40.000 corresponderán á categoría primeira, referida aos concellos, e 90.000 corresponderán á categoría segunda, correspondente coas entidades persoais. As axudas tramitaranse en réxime de concorrencia competitiva. Como recolle a resolución do DOG, se as solicitudes presentadas por categoría non esgotan o crédito previsto, o crédito sobrante nunha categoría poderase destinar a outra categoría.

A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

05 de Marzo de 2020
QdeCalidad

A Xunta incrementa un 30% as axudas para que sector e concellos accedan á certificación da Q de Calidade Turística

Cunha contía global de 130 mil euros, a Xunta de Galicia lanza unha convocatoria dirixida tanto á administración locais como ás empresas privadas para que aposten […]
04 de Marzo de 2020
2017_RutadoVino_Ribeiro_39

A Ruta do Viño do Ribeiro presentou o seu plan para potenciar o territorio como destino enoturístico de calidade

Preto de 100 mil persoas visitaron o territorio en dez anos, entre 2008/2018, aínda que o fluxo anual de enoturistas alcanzou en 2018 o 13 mil. […]
03 de Marzo de 2020
O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, reúnese con representantes do Clúster Turismo de Galicia para informar sobre o seguimento do coronavirus.

O sector turístico galego mantén contacto coa Xunta para coñecer as liñas de actuación fronte ao coronavirus

O Clúster Turismo de Galicia mantivo esta mañá un encontro coa Consellería de Cultura e Turismo e o SERGAS para coñecer os avances en protocolos e […]
03 de Marzo de 2020
restauración formación cocinero

A Consellería de Cultura e Turismo comezará o seu Plan de formación ao sector turístico cun curso de Curso de Xestión e empresas de Restauración en abril.

Dentro das actividades de formación previstas no 2020 para o sector turístico de Galicia, Turismo de Galicia abriu o prazo de inscrición para un Curso de […]