A Fundación Luís Seoane da Coruña acollerá o XII Encontro de Xestores de Patrimonio Mundial en España, que se celebrará entre os días 6 e 8 de novembro e que contará coa participación de máis de 80 xestores expertos e xestores de patrimonio. Organizado polo Ministerio de Cultura e coordinado pola Subdirección Xeral de Protección de Patrimonio, abordará o tema Comunicación e patrimonio co obxectivo de transmitir o Valor Universal Excepcional destes recursos a través das intervencións de xestores dos Sitios Patrimonio Mundial de toda España, así como de diversos expertos e representantes da Unesco e Icomos.

A directora da Torre de Hércules e coordinadora das xornadas, Ana Santorun, en colaboración coa Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio, apuntou que neste encontro os distintos xestores e representantes dos Sitios Patrimonio Mundial abordarán o modo de transmisión e comunicación do seu propio Valor Universal Excepcional (VUE), que define a protección dos valores do seu Patrimonio.

O programa comezará o martes, día 6 e destinarase ás conferencias marco para continuar durante dúas xornadas coa presentación de estudos de casos particulares e boas prácticas. Durante o xoves, día 8, os participantes no encontro visitarán os puntos máis emblemáticos da cidade, como a Cidade Vella, as murallas, o castelo de San Antón e o castro de Elviña, así como a torre de Hércules, que se visitará o día 6 e que o próximo ano 2019 cumprirá o décimo aniversario desde a súa declaración como membro da Lista do Patrimonio Mundial da Unesco.

Este encontro dá seguimento aos anteriores organizados en Aranxuez, Ávila, Eivissa, Segovia, Val de Boí, Santiago de Compostela, Úbeda e Baeza, Tarragona, Guecho, Burgos e Mallorca. Coa inclusión da cidade califal de Medina Azahara, son 47 os lugares patrimonio en España, o segundo posto en Europa, terceiro país do mundo, tras Italia e China, con maior número de bens declarados Patrimonio Mundial.

23 de Outubro de 2018
Torre de Hércules

O XII Encontro de Xestores de Patrimonio Mundial en España terá lugar na Coruña

A Fundación Luís Seoane da Coruña acollerá o XII Encontro de Xestores de Patrimonio Mundial en España, que se celebrará entre os días 6 e 8 […]
22 de Outubro de 2018
Consello Provincial Turismo Lugo

O Consello Provincial de Turismo de Lugo dá a coñecer aos seus representantes

A Deputación promove este organismo, cuxo obxectivo pasa por buscar un modelo turístico máis competitivo e rendible na provincia A Deputación de Lugo constituíu o Consello […]
18 de Outubro de 2018
pregrino 300 mil

Galicia recibe o peregrino 300.000 coa previsión de pechar este 2018 cunha nova marca

Os peregrinos chegaron desde 172 países e cada vez por máis rutas xacobeas En decembro do ano pasado alcanzábase por vez primeira a cifra do 300 […]
17 de Outubro de 2018
famtrip grupo golf Celtic Spain Golf&Wellness

Galicia recibe un fam trip de empresarios de golf británicos para coñecer a súa oferta deportiva e termal

Sete representantes de clubs de golf de Londres visitan até o sábado as instalacións e a oferta dalgúns dos clubs e aloxamentos incluídos dentro dos paquetes […]