A Deputación de Lugo está a ultimar a posta en marcha do novo Consello Provincial de Turismo, que buscará impulsar o crecemento e a transformación do sector na provincia para conseguir un modelo máis competitivo e rendible, traballando en prol do desenvolvemento consensuado dos plans de actuación e promoción conxunta da marca do destino. Tendo en conta que xa está aprobado definitiva o texto da súa constitución, a Deputación xa se puxo en contacto coas asociacións e entidades que formarán parte deste novo ente, para que comuniquen o nome das persoas que formarán parte deste Consello antes do 14 de setembro

En concreto, están convocadas un total de 26 institucións, relacionadas co turismo na provincia, entre as que se inclúe a USC, a Federación Galega de Comercio, o Clúster de Turismo de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría, a Federación Galega de Turismo Rural, a Asociación Galega de Axencias de Viaxe, un representante de Auxilia, así como representantes de grupos políticos, entre outras.
A iniciativa forma parte do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo (2017-2020), co que o Goberno Provincial esta desenvolvendo actuacións concretas, para impulsar o crecemento e a transformación do sector turístico na provincia, na procura dun modelo máis competitivo e rendible. Esta nova entidade foi reclamada polo propio sector dentro das mesas de traballo que se realizaron en torno a este Plan.

Con este Plan Estratéxico, completamente participativo e aberto; establecéronse 4 eixos, 6 liñas estratéxicas, 14 plans de actuación e 71 accións a impulsar. Algunhas das actividades concretas, entre as que se atopa a creación deste Consello de Turismo provincial e participativo, un plan de sinalización vinculado ás novas tecnoloxías, mellorando a accesibilidade aos recursos turísticos da provincia, o impulso á organización de eventos relacionados coa gastronomía, fomento dunha rede de eventos culturais da provincia de Lugo, entre outras.

03 de Setembro de 2018
Lugo

Lugo pon en marcha o seu Consello Provincial de Turismo

A Deputación de Lugo está a ultimar a posta en marcha do novo Consello Provincial de Turismo, que buscará impulsar o crecemento e a transformación do […]
31 de Agosto de 2018
Jornada Turismo Rural Cidade da Cultura agosto 2018

O turismo rural galego reúnese para debater situación e estratexias de promoción conxunta para este outono

A Cidade da Cultura acolleu unha xornada de encontro na que participaron algo máis dunha vintena de empresarios e representantes de asociacións de turismo rural para […]
30 de Agosto de 2018
Paris

Convocatoria aberta para optar ás bolsas de práctica da Xunta en oficinas de turismo en oito países

Até o próximo 10 de setembro está aberto o prazo para participar na convocatoria deste ano para optar ás bolsas de prácticas nas oficinas de turismo […]
28 de Agosto de 2018
QdeCalidad

Turismo de Galicia e o Clúster Turismo de Galicia asinan un convenio para a promoción da Q de Calidade

Co obxectivo de seguir avanzando na promoción dun sector turístico de calidade, Turismo de Galicia e o Clúster Turismo de Galicia asinaron un novo convenio de […]