Un total de 45 empresarios galegos manterán encontros coa turoperación de Málaga e Sevilla en senllas xornadas de traballo

O CTG dá continuidade así aos workshops de proximidade que celebra desde fai tres anos co obxectivo de xerar sinerxías profesionais con Portugal e destinos nacionais.

Málaga e Sevilla foron os destinos nacionais elixidos este ano por parte do Clúster Turismo de Galicia para dar continuidade aos workshops de proximidade iniciados fai tres anos en destinos nacionais. Con esta iniciativa o CTG busca achegar a oferta turística galega a destinos accesibles a dous ou tres horas máximo en avión a través de accións que inclúan a promoción de destino pero tamén o contacto directo coa turoperación.

Con estas iniciativas, asegura o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, “profundamos na identificación de mercados de proximidade de interese, na mellora da comercialización e na promoción de destino que para o Clúster de Turismo é un labor fundamental que está en mans das diferentes administracións públicas pero que nós, como sector privado, complementamos xerando sinerxías moi positivas entre empresarios, facilitando encontros profesionais B2B nun contexto de axenda profesional que sabemos que é a mellor maneira de comezar a establecer relacións comerciais”.

A primeira parada destes workshops anuais celebrarase esta tarde en Málaga para continuar mañá en Sevilla, onde os 45 empresarios galegos participantes manterán reunións B2B cos profesionais andaluces aos que lles presentarán novos servizos, paquetes, aloxamentos e servizos para gozar do territorio galego.

Terceira edición dos workshops de proximidade
Tras Málaga e Sevilla, os workshops de proximidade de 2019 concluirán cunha xornada de traballo que se celebrará en Lisboa, o próximo 30 de outubro, dando por concluída a terceira edición dos Workshop de Destino de Proximidade do Clúster Turismo de Galicia, concibidos para achegar a oferta turística galega a destinos nacionais que reúnen as condicións perfectas para ser emisores de turismo nacional cara ao territorio galego.

22 de Outubro de 2019
prensacluster-11

O Clúster Turismo de Galicia celebra dúas misións comerciais en Andalucía para dar a coñecer a oferta turística galega

Un total de 45 empresarios galegos manterán encontros coa turoperación de Málaga e Sevilla en senllas xornadas de traballo O CTG dá continuidade así aos workshops […]
21 de Outubro de 2019
Salida BTT 2019

Máis de 200 ciclistas participaron na BTT Ruta do Viño Rías Baixas

Meis acolleu a cuarta edición desta iniciativa que aúna deporte e enoturismo, nun percorrido que atravesaba tres adegas asociadas e paraxes naturais da subzona do Salnés […]
21 de Outubro de 2019
destino_activo_11-06_DSC02801

Galicia Destino Activo aposta polo País Vasco para a presentación dos seus produtos

O Clúster de Turismo de Galicia organiza o próximo 29 de outubro en Bilbao un workshop para mostrar a axencias de viaxe vascas o produto de […]
18 de Outubro de 2019
exceltur

Os empresarios turísticos galegos manteñen boas expectativas para o peche do ano, segundo Exceltur

Galicia sitúase como a 7ª comunidade con mellores previsións de crecemento para o cuarto trimestre do ano O informe recolle tamén as conclusións do ano, con […]