Co obxectivo de establecer vías de colaboración estables, a Consellería de Mar, Portos de Galicia e a Royal Yachting Association (RYA) mantivo un encontro en Galicia para profundar na actividade náutica galega

A RYA, a asociación de navegantes de orixe británicos, reúne a 150.000 socios en preto de 60 países de todo o mundo e está interesada en abrir vías de colaboración cos portos deportivos galegos, abordando a posibilidade de intercambio de navegantes entre outros portos dos distintos países asociados á RYA e os portos deportivos da costa galega. Tamén abordaron a posibilidade de abrir mercado para cruceristas e megaiates nas instalacións que así o permitan.

Outro dos asuntos que puxeron sobre a mesa foi a importancia da simplificación de determinados trámites que teñen que cumprimentar os navegantes británicos cando veñen a Galicia co obxectivo de facilitar a súa navegación. Esta suxestión realizada pola RYA durante a reunión será trasladada pola Xunta ao Ministerio de Fomento, do que dependen as Capitanías Marítimas.

A posibilidade de que os navegantes anglosaxóns poidan deixar as súas embarcacións en portos galegos durante o inverno e que poidan acceder a determinados servizos e a elaboración de material informativo sobre cultura, gastronomía e turismo na contorna dos portos foron outros dos asuntos propostos pola RYA na reunión. Uns aspectos, que a Xunta acordou trasladar ao sector náutico.

A presidenta da RYA desprazouse esta semana a Galicia a raíz do contacto realizado co presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, durante a celebración da feira náutica London Boat Show o pasado mes de xaneiro. A presidenta da RYA, Sarah Treseder, mostrou o seu interese en visitar as instalacións náuticas galegas e coordinar posibles vías de colaboración.

Durante a súa estancia en Galicia, Treseder ten previsto visitar, entre outras instalacións, os portos deportivos de Mariña Davila, en Vigo; Monte Real Club de Iates de Baiona; Club Náutico Boiro, Real Club Náutico de Portosín; Mariña Arousa, en Vilagarcía; e o Club Náutico de San Vicente do Mar no Grove. Así mesmo, ademais de manter reunións cos representantes das principais asociacións de náutica de Galicia e operadores portuarios orientados ao negocio da náutica de recreo.

10 de Xullo de 2018
portos de galicia

A Royal Yachting Association (RYA) explora opcións de colaboración cos portos deportivos galegos

Co obxectivo de establecer vías de colaboración estables, a Consellería de Mar, Portos de Galicia e a Royal Yachting Association (RYA) mantivo un encontro en Galicia […]
09 de Xullo de 2018
reunión golf y turismo

O deporte do golf e a súa influencia na demanda turística centra unha mesa de traballo promovida pola Federación Galega de Golf

Co obxectivo de promover accións conxuntas que permitan promover o turismo do golf en Galicia, a sede da Federación Galega de Golf en Coruña acolleu unha […]
09 de Xullo de 2018
World travel awards

Portugal, novo mellor destino turístico de Europa nos World Travel Awards, nos que España só cultivou seis premios fronte os 24 dos nosos veciños

O hotel Zappeion Megaron Hall, de Atenas (Grecia) acolleu a entrega dos WTA, World Travel Awards na que se fixo entrega dun total de 520 premios, […]
06 de Xullo de 2018
world-trails-conference-2018-logo

Un congreso internacional reunirá en Galicia ás mellores rutas culturais, ecolóxicas e de peregrinación do cinco continentes

O modelo de xestión do Camiño de Santiago na Comunidade centrará varios dos relatorios da cita bianual da rede mundial de vías e carreiros World Trail […]