Finalmente foi a tapa “A vaca mariña” do Mesón Colón a gañadora do Concurso de Tapas de Lugo que se celebrou nas últimas semanas. Así o anunciou a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) nun acto que tivo lugar no Centro Cultural Vello Cárcere e no que estiveron presentes o presidente da Apehl, Cheché Real; a concelleira de Cultura, Turismo, Mocidade e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Ademais, tamén se fixo pública a decisión do xurado técnico, formado por Quique Rodríguez, José María Martínez Alonso e Constantino Igrexas Fernández. O primeiro premio foi para a Arrocería Os Cachivaches, pola tapa “Bonito ti!!!”; o segundo premio concedéuselle ao Restaurante España, por “Boi roll con patacas bravas?; o terceiro premio, ao Mesón Colón, por “A vaca mariña”; a mellor maridaxe con Estrela Galicia conseguiuna o Mesón Pulpería O Castelo con “Niño de Polbo”; a mellor maridaxe con D.O. Ribeira Sacra, Ou Cincuenta e seis con “Bacallau ao queixo”, e por último, houbo unha mención de honra para O Castor, pola súa proposta “Prato criollo”.

Durante o acto, tamén tivo lugar o sorteo entre todos os cupóns de votación para coñecer os gañadores das viaxes, ceas e resto de regalos, que estarán dispoñibles na web www.eparacomerlugo.com

09 de Outubro de 2018
ganador TapasLugo 2018

O Mesón Colón gana o Concurso de Tapas de Lugo

Finalmente foi a tapa “A vaca mariña” do Mesón Colón a gañadora do Concurso de Tapas de Lugo que se celebrou nas últimas semanas. Así o […]
08 de Outubro de 2018
turismo-cultural-spain

A oferta cultural, activa e natural gaña terreo nas preferencias do viaxeiro estranxeiro que elixe España

Segundo un estudo elaborado por Mabrian Technologies xunto con Interface Spain sobre os produtos turísticos que máis interesan aos viaxeiros internacionais, o coñecido produto de sol […]
05 de Outubro de 2018
Encuentro Ciudades Termales en Ourense 2018

Ourense acolle o cume europeo de Cidades Termais Históricas

A cidade das Burgas acolleu esta semana a celebración da asemblea da Asociación de Cidades Termais Históricas de Europa (EHTTA), un encontro que reúne aos representantes […]
04 de Outubro de 2018
Presntacion Galicia Mice 2018

Profesionais galegos e madrileños do ámbito da organización de congresos e eventos danse cita na presentación de Galicia Mice en Madrid

O acto contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, nunha velada na que se expuxeron os motivos polos que Galicia é o […]