O Parador do Saler acolleu o arranque desta proba coa participación dun cento de xogadores

O campo do Saler, en Valencia, acolleu a primeira etapa de Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia que se celebra desde abril até setembro en diferentes puntos de España. Un cento de xogadores senior desta disciplina deportiva déronse cita para gozar da práctica do golf e da gastronomía galega, que sempre acompaña a celebración deste evento.

José García Martínez alzouse co triunfo en categoría Scratch con 25 puntos e segundo posto nesta categoría foi para Isabel Castelo do Carpio con 24 puntos. A gañadora hándicap foi Mª Jesús con 41 puntos stableford, seguido por Máximo Martín Pastor que logro un resultado de 38 puntos. En categoría de damas, a mellor foi Rosa Mª Roig Escutia con 40 puntos e o gañador da categoría mastersenior (xogador de máis de 70 anos) foi Francisco Ansurias Climent con 37 puntos. En canto aos premios especiais, o mellor drive, premio Martin Códax, gañouno Lisán Peiró Camaró en categoría feminina e Sergio Segura Laborada no de homes. A bóla máis próxima no foxo 9, premio Aceites Abril foi para José García Martínez (1,59 m) e no foxo 12, premio Viña Farnadas adxudicoullo Isabel Castelo do Carpio (1,64 m). O premio forrabolas xentileza do Hotel Rua Villar e Real Aeroclub de Santiago foi para o penúltimo clasificado hándicap, Ronny Constantino e os premios melón,en Scratch foi para Carmelo Andújar, en hándicap gañouno Mario Sanfelix, damas para Natividade Sánchez e o mastersenior conseguiuno José Luís Martín.

A próxima proba celebrarase o 14 de maio en Ulzama mentres que a final disputará os días 24 e 25 de setembro no campo do hotel Balneario Oca Augas Santas en plena Ribeira Sacra.

27 de Abril de 2019
Golf, Destino Golf Galicia

Excelente comezo do VIII Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia en Valencia

O Parador do Saler acolleu o arranque desta proba coa participación dun cento de xogadores O campo do Saler, en Valencia, acolleu a primeira etapa de […]
26 de Abril de 2019
logo_turismo

Convocatoria do Concurso de ideas do Clúster Turismo de Galicia para asociados

Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia convoca un concurso de ideas co obxectivo de seleccionar os 7 mellores proxectos e polos en marcha desde […]
25 de Abril de 2019
Jornada acluxega

O sector turístico galego profunda nas vantaxes da geotermia como alternativa enerxética sostible

O incremento da conciencia verde nos viaxeiros e a procura dun menor impacto ambiental fai que o sector mire con maior interese este tipo de sistemas […]
23 de Abril de 2019
Semana Santa Santiago

Balance moi positivo dunha Semana Santa que supera as previsións grazas ao bo tempo

A comunidade asina unha das mellores Semanas Santa dos últimos anos, mellorando até 10 puntos as cifras do ano pasado. A falla de recompilar os últimos […]