O ‘Outono gastronómico en turismo rural’, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo, pechou a súa edición 12 coa participación de 4820 persoas, que optaron por esta combinación de experiencias gastronómicas coa estancia en establecementos rurais. Con este balance, esta proposta turística foi elixida xa por máis de 64.000 persoas, que participaron en parella, en familia ou con amigos nos 12 anos que leva en marcha.

A edición deste ano contou con 86 casas rurais no catro provincias, das que 25 eran establecementos da provincia de Pontevedra, 23 da Coruña, 19 de Ourense e 19 de Lugo. Cunha cualificación de 4,7 sobre 5, os responsables destes negocios valoran como moi satisfactoria a súa experiencia e nove de cada dez repetiría en próximas campañas para axudar a atraer visitantes fose da tempada alta, segundo informa a Xunta nun comunicado.

A campaña deste ano pechou cuns resultados económicos estimados que superaron os 330.000 euros de ingresos para o total de establecementos participantes. O ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural’ desenvolveuse entre os meses de setembro e decembro, con dous menús diferentes deseñados especificamente.

Ademais da elevada participación da última edición, tamén destacou o incremento do seu impacto en Internet e nas redes sociais, cun aumento do 30% con respecto á campaña anterior. Segundo os datos da Xunta, esta iniciativa está a contribuír a avanzar na desestacionalización do destino, na que se traballa da man da Estratexia do Turismo de Galicia 2020. Os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) revelan que só que só en novembro este segmento turístico experimentou un aumento no número de viaxeiros do 13,6%.

21 de Xaneiro de 2019
outono gastronómico

O ‘Outono gastronómico’ rural pecha edición con case 5.000 participantes

O ‘Outono gastronómico en turismo rural’, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo, pechou a súa edición 12 coa participación de 4820 persoas, que optaron por […]
18 de Xaneiro de 2019
20190117EspañaVerde

Galicia avanza coas comunidades da España Verde para reforzar durante 2019 a marca turística do norte peninsular

Galicia vén de participar nunha nova xuntanza da marca España Verde –a alianza turística que agrupa as comunidades autónomas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Galicia– […]
16 de Xaneiro de 2019
20190115EstudoImpacturExceltur_1

Exceltur revela a crecente contribución do turismo á economía galega ao xerar 6.341 millóns de euros, cunha suba do 9,6%

A Consellería de Cultura e Turismo e Exceltur, Alianza para a Excelencia Turística, presentaron hoxe en Santiago de Compostela o Estudo Impactur para Galicia, que analiza […]
16 de Xaneiro de 2019
16299706_10158162393600437_2650640470300313431_o

A Xunta destinará 3 millóns de euros en axudas ás entidades locais para melloras nas infraestruturas turísticas do rural

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia, vén de abrir a convocatoria de subvencións para 2019 destinada a axudar ás […]