Se a finais do mes de marzo era a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a que mantiña unha serie de encontros de traballo e de presentacións da oferta turística galega en Paraguai, este mércores, 18 de maio, a partir das 12,30h celébrase en Santiago de Compostela a visita da ministra de Turismo de Paraguai, Marcela Bacigalupo, que participará na Sala Eismann da Cidade da Cultura dun acto de presentación do seu país como destino turístico.

Así, Marcela Bacigalupo visita Galicia correspondendo á invitación que Nava Castro facíalle o pasado mes de marzo.Durante aquel atopo Castro mantivo diversos encontros institucionais e comerciais nos que falou dos principais reclamos turísticos de Galicia e as súas potencialidades á hora de ofrecer produtos desestacionalizadores, que permiten o goce da experiencia turística en calquera época do ano e que teñen gran capacidade de diferenciación, con especial incidencia no Camiño de Santiago.
O acto na Cidade da Cultura está aberto para aqueles empresarios galegos interesados en establecer relacións comerciais co país suramericano.

14 de Maio de 2016
invitacion

A ministra de Turismo de Paraguai vista Galicia

Se a finais do mes de marzo era a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a que mantiña unha serie de encontros de traballo e […]
14 de Maio de 2016
Ruta Padre Sarmiento

Novo produto turístico para o Salnés, a Ruta do Pai Sarmiento

Froito da cooperación interadministrativa e do recente convenio asinado entre Turismo de Galicia e a Mancomunidade do Salnés, este territorio conta xa cun novo produto turístico, […]
12 de Maio de 2016
charla stgo

Compostela e Baiona acolleron senllas charlas sobre a nova normativa de Vivendas de Uso Turístico

Santiago de Compostela e Baiona acolleron esta semana senllas charlas informativas ofrecidas pola Axencia de Turismo de Galicia para dar conta da normativa que regulará as […]
12 de Maio de 2016
playa

A Xunta informa os cambios normativos para a obtención da Q de Calidade en praias

En colaboración co Instituto para a Calidade Turística Española, Turismo de Galicia ofreceu unha sesión técnica informativa dirixida a todos os concellos costeiros galegos para dar […]