A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) pídelle ao Goberno, en respaldo ao comunicado realizado pola Confederación Empresarial de Hostalaría de España, máis medidas de tipo fiscal e administrativo con carácter de urxencia para facilitar a subsistencia dos negocios hostaleiros da provincia e de todo o país. O presidente da Apehl, Cheché Real, apela á “sensibilidade e responsabilidade do Goberno para suavizar ao máximo os efectos tan devastadores que esta crise está a ocasionar”.

Desde Apehl consideran insuficiente o paquete de medidas económicas anunciadas polo presidente do Goberno para paliar os efectos do coronavirus. Aínda que recoñecen o esforzo do Goberno de España para frear os efectos económicos desta pandemia ao mobilizar até 200.000 millóns de euros, cren que “medidas como a flexibilización dos ERTES e as destinadas a garantir a liquidez das empresas axudarán, sen dúbida, ao conxunto do tecido empresarial; pero faise necesario adoptar máis medidas para evitar a quebra dos máis de 300.000 negocios hostaleiros que temos no noso país”.

Tendo en conta o prexuízo que está a ocasionar a crise do coronavirus aos autónomos do noso sector, consideran necesaria “a suspensión da cotización dos autónomos de hostalaría” e reivindican tamén “a suspensión de calquera obrigación de pago dos establecementos hostaleiros ás administracións, como son o pago do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e resto de impostos municipais como poden ser os impostos das terrazas”. Por isto, estenden as reivindicacións a outros ámbitos administrativos, como os Concellos e as Comunidades Autónoma, quen teñen competencia directa neste tipo de impostos.

Engaden que tamén se fai necesaria a supresión de todas as taxas e impostos en todas as subministracións de enerxía e a renegociación de pólizas e un financiamento bancario con maior flexibilidade”.

Así mesmo, solicitan “a suspensión das obrigacións económicas dos establecementos hostaleiros cos arrendadores dos seus negocios, posto que estes non están no seu normal funcionamento”.

Desde Apehl alertan unha vez máis da situación á que se enfrontan os negocios hostaleiros da provincia, os cales dan emprego a moitos traballadores e son parte fundamental na nosa cultura, punto de encontro e de socialización.

23 de Marzo de 2020
APEHL logo

A APEHL faise eco das peticións da CEHAT sobre a supresión de impostos e cotas de autónomos

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) pídelle ao Goberno, en respaldo ao comunicado realizado pola Confederación Empresarial de Hostalaría de […]
20 de Marzo de 2020
habitacion hotel

O Clúster Turismo de Galicia traslada á Xunta medidas complementarias de apoio ao sector turístico galego

Os profesionais turísticos consideran prioritario pór en marcha medidas especiais de flexibilización de impostos e incentivos directos para paliar o duro golpe que está a sufrir […]
19 de Marzo de 2020
consellería

A Xunta mantén contacto co sector turístico para para preparar o peche que o Goberno central prevé decretar dos aloxamentos turístcios

Considera necesario establecer aloxamentos de garda en cada unha do sete cidades da Comunidade para as persoas que por diferentes circunstancias, tanto persoais como laborais, non […]
17 de Marzo de 2020
mesas vacías restaurante

HOSTALARÍA DE ESPAÑA considera que a flexibilización dos ERTES é unha medida positiva pero debe acompañarse doutras medidas fiscais e administrativas que garantan a subsistencia dos establecementos hostaleiros

Tras o avance por parte do presidente do Goberno este sábado da aprobación dun novo paquete de medidas económicas para facer fronte ao coronavirus, entre as […]