No marco do programa Smart Camiño, Turismo de Galicia acaba de lanzar a aplicación móbil do Camiño de Santiago en Galicia, dispoñible para a súa descarga en dispositivos Android, polo momento. Trátase dunha app que ten como obxectivo ofrecer en tempo real toda a información sobre cada unha dos itinerarios oficiais da Ruta Xacobea, acompañando e guiando ao peregrino en todo o seu periplo en terras galegas.
Así, a aplicación ofrece información dos trazados oficiais, da Rede Pública de Albergues (horarios, servizos, etc), así como dos eventos culturais e os recursos turísticos dos territorios polos que discorren as rutas, exclusivamente en Galicia.
Por outra banda, a plataforma dixital conta cun servizo de realidade aumentada que permite, a través da cámara do móbil, visualizar todos os puntos de interese situados nas proximidades. A aplicación conta, ademais, cun apartado “O meu diario”, no os peregrinos poden gardar os momentos máis importantes do Camiño, a través de notas de texto e fotografías, para posteriormente, a través da funcionalidade do portal “A miña experiencia” crear o seu propio libro dixital. A aplicación está dispoñible nos idiomas galego, español e inglés e a maior parte das súas funcións poden ser empregadas sen necesidade de cobertura no móbil.
Aposta polas novas tecnoloxías
O desenvolvemento desta aplicación constitúe unha mostra máis da aposta da Xunta de Galicia pola incorporación da innovación, a calidade e a competitividade no sector turístico.

Descarga a app móbil desde Google Play

10 de Maio de 2016
appcamino

Nova app do Camiño de Santiago para acompañar e guiar ao peregrino

No marco do programa Smart Camiño, Turismo de Galicia acaba de lanzar a aplicación móbil do Camiño de Santiago en Galicia, dispoñible para a súa descarga […]
10 de Maio de 2016
Single photo enhanced with easyHDR BASIC 2.13.3.

Nova marca de visitantes para a Ruta do Viño Rías Baixas

O informe anual da Asociación Española de Cidades do Viño (ACEVIN) ratifica unha nova marca de visitantes para a Ruta do Viño Rías Baixas, a única […]
05 de Maio de 2016
xornadas portas abertas 2016

Nova edición das Xornadas de Puertas Abertas das Rutas do Viño de Galicia

As fins de semana do 21 e 22 de maio e do 28 e 29 de maio as Rutas dos Viños de Galicia celebran unha nova […]
03 de Maio de 2016
viviendas

Turismo de Galicia presenta a nova normativa de Vivendas de Uso Turístico ao sector

A través de charlas informativas, a Axencia de Turismo de Galicia está a levar a cabo unha tarefa de información ao sector respecto da normativa que […]