HomeAway lanza a oitava edición do seu concurso para atopar as Marabillas Rurais de España a partir de 20 candidaturas entre as que se atopa Tui, en Pontevedra. O obxectivo da iniciativa é “seguir impulsando o turismo rural, non só entre os viaxeiros españois senón tamén entre os viaxeiros de todo o mundo baixo o firme compromiso de apoiar e dar visibilidade aos pobos españois que normalmente contan con recursos de promoción limitados”, explicou Juan Carlos Fernández, director rexional do Sur de Europa de HomeAway.

O centro e o sur volven ser as rexións con maior número de candidaturas, especialmente Andalucía e Castela e León, seguida de Castela-A Mancha e Estremadura. Galicia participa coa localidade pontevedresa de Tui. Para participar soamente hai que acceder a través da páxina web habilitada para o concurso desde o 25 de setembro de 2019 até o próximo 17 de outubro de 2019, logo descubriranse o Sete Marabillas Rurais de España.

08 de Outubro de 2019
maravillas rurales homeaway

Tui, entre as candidatas ás 7 Marabillas Rurais de España 2019

HomeAway lanza a oitava edición do seu concurso para atopar as Marabillas Rurais de España a partir de 20 candidaturas entre as que se atopa Tui, […]
07 de Outubro de 2019
Premios Galicia de Turismo  presentación

Xunta de Galicia e Clúster Turismo de Galicia crean os premios Galicia de Turismo que recoñecerán iniciativas exitosas do sector

A iniciativa, que xorde con vocación de continuidade, concederá nove galardoes a persoas, empresas e proxectos pola súa contribución a mellorar o desenvolver o sector turístico […]
04 de Outubro de 2019
peregrino 300 mil 2019

O peregrino 300 mil chegou este ano 14 días antes.

A previsión é que 2019 acabe cunha nova marca, alcanzando o 350 mil peregrinos José Antonio Vázquez, un peregrino valisoletano que realizaba a Ruta Xacobea por […]
03 de Outubro de 2019
ganadores circuito golf senior 2019

Antonio Mortera Morán proclámase gañador absoluto do VIII Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia.

A Ribeira Sacra lucense acolleu a gran final do circuíto de golf sénior, instrumento que a axencia de Turismo de Galicia utiliza desde hai 9 anos […]