Santiago de Compostela e Baiona acolleron esta semana senllas charlas informativas ofrecidas pola Axencia de Turismo de Galicia para dar conta da normativa que regulará as Vivendas de Uso Turístico e que se aprobará previsiblemente despois do verán. Mediante as presentes convocatorias desde Turismo de Galicia preténdese chegar a todos os interesados e entidades representativas do sector para participar en sesións dinámicas nas que poderán exporse as cuestións e dúbidas que xurdan da súa futura aplicación desta normativa que compete tanto a vivendas e apartamentos turísticos como ás denominadas como Vivendas de Uso Turístico. O obxectivo destas xornadas non é outro que o dar a coñecer as novidades que se pretenden introducir coa aprobación deste decreto no que a principal novidade é a necesidade de levar a cabo unha sinxela inscrición nun rexistro público desta nova tipoloxía de aloxamentos. Esta regulación afecta as vivendas que se aluguen por períodos curtos (inferior a 30 días), mantendo a regulación mediante a Lei de Arrendamentos Urbanos, no resto dos casos. En todo caso a entrada en vigor está prevista para despois da tempada de verán de 2016.

A nova norma está chamada a erradir problemas vinculadas a estas prácticas no ámbito económico-social, fiscal e de tributos e garantir a calidade e a seguridade das persoas usuarias, facendo fronte ao intrusismo ou á competencia desleal. A irrupción das novas tecnoloxías no aluguer de vivendas vacacionais e a tendencia a destinar a este fin a vivenda habitual fan necesario adaptarse á nova realidade para ofrecer seguridade xurídica tanto aos particulares como ao sector ante un novo tipo de aloxamento turístico.

Actualmente, en España só hai cinco autonomías que teñen en vigor unha normativa deste tipo: Cataluña, Madrid, Aragón, Canarias e Andalucía. Galicia xa someteu a súa proposta a información pública e incorporou as alegacións e suxestións oportunas, estando actualmente na fase final, na que se está dando a coñecer ao sector antes de proceder á súa aprobación.

¿Qué define unha Vivenda de Uso Turístico?

12 de Maio de 2016
charla stgo

Compostela e Baiona acolleron senllas charlas sobre a nova normativa de Vivendas de Uso Turístico

Santiago de Compostela e Baiona acolleron esta semana senllas charlas informativas ofrecidas pola Axencia de Turismo de Galicia para dar conta da normativa que regulará as […]
12 de Maio de 2016
playa

A Xunta informa os cambios normativos para a obtención da Q de Calidade en praias

En colaboración co Instituto para a Calidade Turística Española, Turismo de Galicia ofreceu unha sesión técnica informativa dirixida a todos os concellos costeiros galegos para dar […]
11 de Maio de 2016
clausura gastroforum CSHG

Máis de 400 participantes na primeira edición do GastroFÓRUM do CSHG

Catas e degustacións, pero tamén mesas redondas e debate ao redor da cociña galega, as súas tendencias e o seu futuro. A primeira edición do GastroFÓRUM […]
10 de Maio de 2016
infografia-perspectivas-espana-2016-kpmg

nternacionalización, novas tecnoloxías e creación de novos produtos, retos estratéxicos do sector turístico español para 2017

A carga regulatoria, a incerteza política e a competencia en liña sitúanse como as principais preocupacións que quitan o soño aos empresarios do sector turístico en […]