O presidente da Xunta avanzou as liñas xerais do plan que se presenta este venres na Cidade da Cultura de Galicia

No marco da reunión da comisión organizadora do Xacobeo 2021 na que se adiantou que o Plan Estratéxico do Xacobeo estará dotado cun mínimo de 247,7 millóns de euros, que se sumarán aos 33 millóns xa investidos, o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo animou a aproveitar a oportunidade que brinda a celebración do próximo Ano Santo e convidou os galegos a ser partícipes na organización dun “Xacobeo de 5.000 días” que permita mostrar a mellor Galicia da nosa historia.

Tras 11 anos sen haber ano santo, nos próximos 11 celebraranse tres, unha circunstancia que Núñez Feijóo consider que hai que converter nunha oportunidade para desarroollar un Xacobeo verde, comprometido coa súa autenticidade, un Xacobeo innovador, capaz de promocionar unha Galicia cada vez máis tecnolóxica, máis dixital e máis comprometida cos sectores emerxentes

Durante a súa intervención, Feijóo fixo fincapé en que o máis importante é que non se trata dun proxecto para un ano illado, senón que se trata dun proxecto que comeza desde este momento e cun horizonte que mira a 2027 e 2032, os seguintes anos santos. Deste xeito, lembrou que a situación é semellante á que se viviu no seu día co Xacobeo 93; “e, por iso, debemos pór o mesmo interese e a mesma implicación para lograr que volva ser un novo punto de inflexión na nosa historia”, recalcou.

Grazas á antelación coa que se está traballando, xa se investiron máis de 33 millóns, cifra á que agora se sumará, como mínimo, os 247,7 millóns que agora se consignan ao plan estratéxico para seguir avanzando na folla de ruta trazada inicialmente até 2021. “Estamos a falar dunha folla de ruta que marque non só o que imos facer senón tamén como o imos a facer”, afirmou o titular da Xunta, á vez que precisou que o ano santo non é a mera suma dunha serie de actos relixiosos, programas culturais ou festexos, senón que é a oportunidade de dar, todos, o mellor, para ofrecer xuntos a mellor Galicia.

Xacobeo verde, auténtico, familiar e novo

Neste sentido, o plan estratéxico define o próximo Ano Santo como un Xacobeo verde, comprometido coa súa autenticidade, con aquilo que máis o identifica: o Camiño, a paisaxe, o patrimonio, a gastronomía propia. “E neste sentido, a sustentabilidade e a calidade deben ser obxectivos irrenunciables para que tanto os galegos como os visitantes sómense ao coidado e promoción da nosa riqueza”, pero tamén como un Xacobeo innovador, capaz de promocionar unha Galicia cada vez máis tecnolóxica, máis dixital e máis comprometida cos sectores emerxentes. E un Xacobeo familiar, que conjugue os intereses e as visións de todas as xeracións e tamén de todos os colectivos, garantindo que sexa accesible a todos, con independencia da idade, da situación ou do lugar no que viva. O plan, que foi presentado á todos os grupos parlamentarios, recolle, ademais 68 medidas achegadas polos grupos parlamentarios a través do grupo de traballo Xacobeo2021 constituído a comezos de ano.

Por todo iso Feijóo considera que se está traballando con todas a forza e instrumentos necesarios para abrir un período xacobeo para o que será necesario que todos os galegos implíquense. Ao longo deste tempo xa se deron grandes pasos: a rehabilitación da Catedral, a recuperación paisaxística dos máis de 1.500 quilómetros dos Camiños de Santiago, tanto ao seu paso por máis de 120 concellos como nas entradas en Santiago, o novo Centro de Acollida ao Peregrino, a mellora das instalacións do Monte do Gozo, e un total de 12 albergues sumáronse á rede autonómica a maiores dos que había no Xacobeo 2010. E a todo iso súmase o espírito peregrino, que non fixo máis que crecer nos ultimos anos cun 20% máis de peregrinos hoxe que no último Ano Santo. E, ademais, con dous importantes fitos: en 2012, por primeira vez o número de peregrinos estranxeiros superou aos procedentes do conxunto de España, até o punto de que, neste momento, a porcentaxe é da 65 % fronte ao 35%. E igualmente, en 2017 superouse a barreira psicolóxica dos 300.000 peregrinos (en 2018 foron 327.378).

Por todo iso, o presidente do Goberno galego concluíu dicindo que o Xacobeo 2021 está chamado a ser o principio da Galicia da nova década “e o pistoletazo de saída para as nosas ilusións e as nosas expectativas comúns”.

18 de Xullo de 2019
Plan Estratégico Xacobeo 2021

O Plan Estratéxico do Xacobeo2021 contará cun orzamento mínimo de 247,7 millóns de euros

O presidente da Xunta avanzou as liñas xerais do plan que se presenta este venres na Cidade da Cultura de Galicia No marco da reunión da […]
18 de Xullo de 2019
fest galicia festivales música PorAmerica

Seguen as propostas musicais de todo tipo para gozar dos festivais en Galicia

FestGalicia recolle na súa web informes de balance do impacto que xerou o ano pasado 5 dos 12 festivais que están adheridas á marca Despois do […]
17 de Xullo de 2019
autocaravanas

As asociacións hostaleiras que integran A Forza do Norte denuncian a proliferación de áreas ilegais de estacionamento de autocaravanas

A Asociación Galega de Autocaravanas (AGA), pola súa banda, acusa os hostaleiros de pretender recluílos nos cámpings e coartar o seu dereito a estacionar en igualdade […]
17 de Xullo de 2019
informe exceltur verano 19

Galicia, Asturias e Cataluña, os destinos de costa con maior demanda para este verán

Segundo indica o último informe de Exceltur sobre evolución do trimestre e perspectivas para a tempada estival en España, continúa o proceso de consolidación dos escenarios […]