O curso desenvolverase nunha semana intensiva na Veiga, Ourense, do 11 ao 15 de xullo

Entre o 11 e o 15 de xullo o Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da USC (CETUR) organiza na Veiga (Ourense) o VII Curso de Formación para Informadores de Oficinas de Turismo e Guías que por vez primeira realízase fóra de Santiago de Compostela. A edición deste ano, focalizado no turismo na natureza, abordará temas como as empresas de turismo activo en Galicia, o turismo deportivo en montaña ou en espazos naturais protexidos, as paisaxes, o potencial climático turístico galego, o ecoagroturismo, o deseño de rutas de sendeirismo, os folletos ou as novas tecnoloxías no sector. O obxectivo é profundar nas posibilidades múltiples, tanto prácticas como empresariais, que ofrecen o sendeirismo, o montañismo e o guiado como actividades específicas de turismo na natureza en Galicia. Mostraranse deste xeito as peculiaridades dese subsector turístico e daranse a coñecer os recursos culturais existentes no territorio ademais de transmitirlle ao alumnado unha serie de habilidades interpretativas e prácticas, nomeadamente en relación co manexo de novas tecnoloxías da información e de cartografía.

O curso, cuxo prazo está aberto até o 30 de xuño ou até esgotar prazas, desenvolverase en sesións intensivas de mañá e tarde, o que permitirá concentrar as aulas nunha única semana e así desenvolver 15 horas de prácticas nas Montañas de Trevinca, o sector máis elevado de Galicia e, por tanto, a única área de alta montaña do país, a través do seguimento e análise de rutas de sendeirismo sobre o terreo. As persoas inscritas recibirán o correspondente certificado, homologado pola Xunta de Galicia, para o que é obrigatorio asistir como mínimo ao 85% das horas programadas. Para ampliar información ou realizar inscricións podedes porvos en contacto con CETUR no correo cetur@usc.es ou no teléfono 881 816 339

Consulta o programa do curso

 

28 de Xuño de 2016
curso cetur a veiga

CETUR celebra por vez primeira o seu curso de formación para informadores e guías turísticos fóra de Compostela

O curso desenvolverase nunha semana intensiva na Veiga, Ourense, do 11 ao 15 de xullo Entre o 11 e o 15 de xullo o Centro de […]
27 de Xuño de 2016
Termatalia en Brasil

Brasil premia o labor de Termatalia

O Festival de Turismo de Cataratas de Foz de Iguazú, en Brasil, recoñeceu o labor de Termatalia na persoa do director da feira internacional, Afastando Rubín, […]
27 de Xuño de 2016
240516torneopergrinación1

O valor engadido do Golf ao Turismo en España cífrase nuns 775 millóns de euros anuais

Nuns 775 millóns de euros anuais cifra a empresa Golf Business o valor engadido que o golf achega á empresa turística en España, segundo un estudo […]
22 de Xuño de 2016
Asamblea General Cluster Junio 2016

Dúas novas entidades únense ao Clúster Turismo de Galicia

Continuando o ronsel de traballo colaborativo e de apertura para seguir unindo entidades ao Clúster Turismo de Galicia, a Asemblea Anual do CTG, celebrada na Cidade […]