FestGalicia recolle na súa web informes de balance do impacto que xerou o ano pasado 5 dos 12 festivais que están adheridas á marca

Despois do arranque con gran éxito dos primeiros festivais do verán, Resurrection Fest, PortAmérica, Ortigueira… o ritmo festivalero de verán non para e nos próximas días e semanas agardan grandes citas: Vive Nigrán, Festival Ribeira Sacra, Atlantic Fest, Sinsal, SonRíasBaixas. Moitos deles están adheridos á marca Fest Galicia, a marca creada pola Xunta que engloba a doce festivais, polo que, ademais, poderemos coñecer mellor o impacto económico, en fluxo de visitantes e en emprego que poden chegar a xerar este tipo de festivais.

E é que, precisamente, un dos obxectivos de FestGalicia é estudar o retorno económico obtido dos eventos financiados. Na páxina web de FestGalicia están xa publicados os estudos realizados por Agadic e USC do impacto que tiveron cinco dos festivais celebrados o ano pasado: PortAmérica, Resurrection, Revenidas, SinSal e Son Rías Baixas, nos que se recollen datos relevantes sobre o impacto económico, comunicativo e social do evento, así como o perfil das persoas que asisten a el. Só entre este cinco, a suma do impacto económico de todos eles suman case 12 millóns de euros. Con todo, os festivais son de diversa índole, e é que nada ten que ver un Resurrection Fest, que superou o 100 mil asistentes, co 33 mil de Ou Son do Camiño ou os apenas 1200 do Sen Sal, que superou o medio millón de euros de retorno económico, segundo o informe de Fest Galicia. E é que fronte aos festivais masivos doutros puntos de España, o modelo galego fíxase máis no Sen Sal, Son do Ribeiro ou SilFest ou Festival Ribeira Sacra, festivais máis pequenos, máis cómodos e con aforamento moito máis reducido, que permiten un maior equilibrio entre beneficio económico e sustentabilidade, social e medio ambiental, que é o reto a perseguir para a Xunta de Galicia na súa aposta polo turismo tranquilo.

En canto aos balances publicados na web de Fest Galicia, ademais do retorno económico tamén recollen un perfil dos asistentes, destacando que o PortAmérica é o festival ao que agarraches un maior número de mulleres (62%) e de procedencia galega, que é da 92% fronte ao Resurrection, con só congrega a 34% mulleres sendo a maioría dos seus asistentes procedentes de fóra da comunidade, máis do 60%. Os menores de 25 anos decántanse polo Son Rías Baixas, 55% do seu público mentres que o Sen Sal é para persoas de máis de 30 anos, a maioría universitarios, un 79%.

18 de Xullo de 2019
fest galicia festivales música PorAmerica

Seguen as propostas musicais de todo tipo para gozar dos festivais en Galicia

FestGalicia recolle na súa web informes de balance do impacto que xerou o ano pasado 5 dos 12 festivais que están adheridas á marca Despois do […]
17 de Xullo de 2019
autocaravanas

As asociacións hostaleiras que integran A Forza do Norte denuncian a proliferación de áreas ilegais de estacionamento de autocaravanas

A Asociación Galega de Autocaravanas (AGA), pola súa banda, acusa os hostaleiros de pretender recluílos nos cámpings e coartar o seu dereito a estacionar en igualdade […]
17 de Xullo de 2019
informe exceltur verano 19

Galicia, Asturias e Cataluña, os destinos de costa con maior demanda para este verán

Segundo indica o último informe de Exceltur sobre evolución do trimestre e perspectivas para a tempada estival en España, continúa o proceso de consolidación dos escenarios […]
16 de Xullo de 2019
11,00 h.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e do director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, asinará 11 convenios de colaboración con distintos xeodestinos da Comunidade. Asistirán representantes de Ancares-Courel, As Mariñas, Condado-Paradanta, Celanova-Baixa Limia, Deza-Tabeirós, Manzaneda-Trevinca, O Ribeiro, Ría de Muros-Noia, Ría de Vigo e Baixo Miño, Terras de Santiago e Verín-Viana. Na Sala Eisenman (Monte Gaiás, s/n).
foto xoán crespo
12/07/2019

A Consellería de Cultura e Turismo asina convenios cos 11 xeodestinos para o impulso de actividades de promoción turística nun centenar de concellos

O compromiso da Xunta suporá un investimento de máis de medio millóns de euros Co obxectivo de difundir o potencial turístico dos concellos que conforman os […]