O concello da Coruña, o Consorcio de Turismo da Coruña e a asociación de mariñas privadas do norte de España North Mariñas asinaron un convenio para a posta en marcha dunha ruta xacobea de navegación a vela. O proxecto, baixo o nome “Navega o Camiño”, suporá a creación deste novo produto turístico co que desde o municipio queren pór a Coruña como polo de atracción do turismo náutico.

O convenio de colaboración entre Turismo da Coruña e North Mariñas, asociación que agrupa os portos náuticos de Galicia, País Vasco, Cantabria e Asturias, permitirá que todos os navegantes que así o desexen poidan selar unha credencial para obter a Compostela a partir das 100 millas náuticas, a condición de que completen o percorrido con 10 quilómetros a pé até chegar a Santiago. Segundo indicou o responsable municipal Alberto Lema, “cremos que se trata dun proxecto moi beneficioso para a cidade a nivel de promoción turística, xa que axuntamos dous polos importantes de atracción, como son o Camiño Inglés a Santiago de Compostela e as rutas náuticas”.

O convenio inclúe a promoción da cidade como  destino nos salóns náuticos de Southampton, París, Dusserldorf e La Rochelle, así como noutros soportes promocionais do proxecto. A previsión do proxecto ‘Navega o Camiño’ é ampliar a rede de portos colaboradores máis aló da costa española e que en diante se somen localidades costeiras de Francia e Reino Unido, fortalecendo un produto turístico dirixido a potenciais peregrinos e afeccionados á náutica, que beneficiará a chegada de turistas internacionais á Coruña.

25 de Xullo de 2016
ruta martitima concello coruña

A Coruña aposta polo turismo náutico coa creación dunha ruta xacobea de navegación a vela

O concello da Coruña, o Consorcio de Turismo da Coruña e a asociación de mariñas privadas do norte de España North Mariñas asinaron un convenio para […]
22 de Xullo de 2016
CSHG logo

Convocadas bolsas de formación para o próximo curso académico do Centro Superior de Hostalaría de Galicia

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia ofrece un total de 23 bolsas de formación para o seu próximo curso académico, unhas axudas que poden solicitarse […]
20 de Xullo de 2016
albergues camino santiago

Asociacións de albergues privados denuncian malas prácticas e competencia desleal no Camiño de Santiago

As asociacións Asociación Rede Galega de Albergues Privados (Agalber), Asociación Solpor e a Rede Española de Albergues Privados asinaron un manifesto, “Xuntos polo Camiño”, no que […]
20 de Xullo de 2016
certificados-cultura-vino-basico-y-avanzado-2

O Instituto Galego do Viño e Afundación organiza dous cursos de cata de viños para afeccionados e profesionais

Baixo a denominación “Cerficado en cultura do viño”, o Instituto Galego do Viño en colaboración con Afundación acaba de abrir o prazo para inscribirse en senllos […]