O anuncio tivo lugar na presentación da feira no Tianguis Turístico de Acapulco

México participará como país convidado na próxima edición de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, de Saúde e Benestar que se celebrará en Ourense entre o 20 e o 23 de setembro de 2017. Despois de exercer de anfitrión, a través do Estado de Coahuila, durante a última edición de Termatalia celebrada en 2016, México continuará co seu papel protagonista e participará na próxima edición en calidade de país invitado presentando os seus recursos termais ante profesionais dunha trintena de países. Esta foi unha das novidades anunciadas polo director da feira, Alejandro Rubín, durante a presentación realizada no Tianguis Turístico de México que se celebra estes días en Acapulco, a cita turística máis importante do ano neste país, xa que reúne aos seus 32 estados.

Alejandro Rubín anunciou a elección de México como país invitado esperando que a presenza deste país na próxima edición sexa moi numerosa coa participación de representantes do goberno do país e tamén de varios dos estados que o integran, unha participación que se ha ido incrementado ano a ano.

No referente a Termatalia 2017, o director da feira incidiu en que contribuirá á profesionalización do sector, tanto a nivel turístico como industrial e empresarial a través de actividades como a Bolsa de Contratación Turística entre Operadores de turismo e Establecementos turísticos, Provedores de Bens de Equipo e potenciais importadores de diversos países, augas de bebida envasadas e distribuidores así como visitantes profesionais procedentes de entre 20 e 30 países.

Tamén se celebrará o II Simposio Internacional sobre termalismo e Calidade de Vida organizado polo Campus da auga – Universidade de Vigo, ademais de cursos de capacitación profesional pre feira con profesionais e en centros termais de Galicia. Estes profesionais realizarán tamén rutas por Galicia para coñecer a oferta de benestar da contorna, o que contribuirá á promoción internacional desta comunidade como líder en Turismo Termal en España.

31 de Marzo de 2017
foto presentacion Termatalia Mexico 2017

México será o país convidado en Termatalia 2017

O anuncio tivo lugar na presentación da feira no Tianguis Turístico de Acapulco México participará como país convidado na próxima edición de Termatalia, Feira Internacional de […]
29 de Marzo de 2017
cabecera_rias_baixas_por_moitas_razons

Seis Camiños, 8+1 festivais, enoturismo e excelencia turística: os eixos do destino Rías Baixas 2017

Baixo a lema “Por moitas razóns” presentouse a nova campaña de promoción turística da Deputación de Pontevedra A sede de Turismo Rías Baixas en Pontevedra acolleu […]
29 de Marzo de 2017
peregrinos monte do gozo

Turismo de Galicia e a Catredral de Santiago asinan un convenio de colaboración para mellorar a atención aos peregrinos

O Consello da Xunta aprobou a firma dun convenio entre Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago polo cal o ente público achegará 300.000 euros […]
28 de Marzo de 2017
jornada Sanxenxo marzo 2017

Buena acogida de la jornada sobre legislación turística y ayudas al sector celebrada en Sanxenxo

El Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) celebró una jornada sobre legislación turística y ayudas abierta a todo el sector en la que se abordaron […]