O Instituto Tecnolóxico Hostaleiro (ITH), da man da Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT) elaborou unha listaxe das principais pautas que os establecementos de aloxamento turísico teñen que ter en conta coa mirada posta en que o sector poida ir preparando a súa reapertura.

Este documento, elaborado en base á orde SND/399/2020 do 9 de maio do 2020 do Ministerio de Sanidade, á guía publicada polo Ministerio de Sanidade e elaborada polo ICTE ?Medidas para a redución do contaxio polo coronavirus SARSCoV-2?e o elaborado por HOSBEC ?Guía HOSBEC para a reapertura post Covid-19 en aloxamentos turísticos? engloba todas as medidas que se deben tomar para achegar a maior seguridade, garantía e confianza nos clientes e nos traballadores, certificando a minimización de riscos hixiénicos e sanitarios fronte ao Covid-19. Inclúe as obrigacións publicadas no BOE para a fase I, como as recomendacións do protocolo xeral.

O check list é eminentemente práctico e serve para calquera tipo de hotel ou establecemento alojativo, sexa grande ou pequeno, sexa cadea ou independente. Este traballado está a coordinarse a nivel nacional polo ICTE, para que sexa único e coherente, e que deste xeito, póidase homogenizar a nivel europeo e internacional.

Descárgao aquí: Check list CEHAT-ITH Medidas para a reduccio?n de riscos higie?nico-sanitarios para hoteis fronte ao Covid-19 Fase I DIN A4

15 de Maio de 2020
check list portada guia reapetura hoteles coronavirus

Pautas concretas para a reapertura do sector hoteleiro

O Instituto Tecnolóxico Hostaleiro (ITH), da man da Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT) elaborou unha listaxe das principais pautas que os establecementos de […]
13 de Maio de 2020
10,00 h.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, comparecerá por petición propia para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento. No Pazo do Hórreo.

foto xoán crespo
06/11/2018

A Xunta acordará co sector turístico un modelo propio que eleve os estándares de seguridade sanitaria para Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, fixo este anuncio na súa comparecencia parlamentaria para explicar o Plan de Reactivación para os sectores turísico e […]
13 de Maio de 2020
grafico turistas extranjeros OMT

A OMT cifra a caída de viaxeiros estranxeiros en entre un 60 a un 80%, dependendo do escenario de recuperación

A Organización Mundial do Turismo esboza tres posibles escenarios de perdas económicas para o sector turístico mundial en función da evolución da crise do coronavirus A […]
12 de Maio de 2020
reunión PSdG

Clúster Turismo de Galicia e PSdG PSOE manteñen un encontro telemático sobre a situación do sector turístico galego

Unha representación do Clúster Turismo de Galicia mantivo un encontro co secretario xeral do PsdG, Gonzalo Caballero, que se comprometeu a trasladar as observacións do sector […]